Antonio
Rosón
por Diego Rodríguez |
|
O
persoeiro no seu contexto
por Gustavo Hervella |
Antonio
Rosón Pérez foi unha peza determinante do proceso
autonómico en Galicia, ademais dun moderador de recoñecido
mérito pola súa ecuanimidade nos primeiros pasos
do novo lexislativo. Home da transición á democracia,
foi amigo persoal de Ánxel Fole e de Ramón Piñeiro
e defendeu, cabo de Filgueira Valverde, o uso da lingua galega.
En marzo de 1978, Rosón é nomeado presidente da
Xunta preautonómica.
Le sobre o persoeiro |
|
Coa morte
en 1975 do xeneral Francisco Franco desaparecía a última
Dictadura da Europa Occidental. O pobo recuperaba unhas liberdades
que lle foran usurpadas. Galicia comezaba a espertar paseniñamene,
ó igual que o resto do Estado, dun sono profundo. As
forzas políticas do momento reclamaban un autogoberno,
do que xa se gozara brevemente en 1936, así como do
recoñecemento da súa singularidade. Isto era
defendido tanto polas opcións que estiveran na oposición,
como polas agrupacións políticas de centrodereita.
Aprende sobre esta época
aquí.
|
|
Reimundo
Patiño
por Mª Jesús Martínez |
|
O
persoeiro no seu contexto
por Gustavo Hervella |
Reimundo
Patiño foi unha das máis importantes figuras do
panorama cultural da Galicia de posguerra. Paralelamente a unha
vida dedicada á política, sensibilizado con posturas
galeguistas, desenvolveu un importante traballo artístico
e humano a través da pintura. Patiño valora enormemente
todo o vencellado coa tradición e a cultura galegas sen
esquecer o máis profundo da modernidade, o expresionismo
a abstracción e o surrealismo.
Le sobre o persoeiro |
|
Nestes
anos os artistas gozarán de algo descoñecido
para eles, a liberdade de actuación e expresión,
o que facilita a acción reivindicativa. Lévase
a arte á rúa e convértese en instrumento
de transformación da vida cotiá, os setenta
serán os escenarios da disidencia. É o encontro
co pasado, Luís Seoane, Granell, Laxeiro...
Como resultado dos novos aires que asolaban ó mundo
nos anos oitenta, xurde en Galicia unha empresa común
de artistas novos que apostaron pola arte contemporánea
galega: o Grupo Atlántica.
Aprende sobre esta época
aquí.
|
|
Alejandro
de la Sota
por Irene Mera |
|
O
persoeiro no seu contexto
por Gustavo Hervella |
A
figura de Alejandro de la Sota alcanzou en Madrid, e en toda
España, as dimensións auténticas dun mito.
Foi enormemente admirado e, tamén, moi seguido: a súa
influencia pode detectarse con facilidade nunha gran cantidade
de arquitectura. Pode decirse así que na arquitectura
española contemporánea introduciuse en gran medida
o influxo do seu celebrado estilo.
Le sobre o persoeiro |
|
Galicia,
foi existindo ó longo das primeiras décadas
do réxime franquista asistindo á inauguración
de obras,que aínda que poucas sobresaen pola súa
singularidade; pouco a pouco a estructura dominante foise
desfacendo deixando filtrar novas voces, novos berros, que
reivindicaban ese necesario nexo coa contemporaneidade internacional,
o que por aquel tempo se personificaba no movemento moderno;
engancharse a un tren, moi veloz, era a única e verdadeira
necesidade.
Aprende sobre esta época
aquí.
|
|
Ben-Cho-
Shey
por Prudencio Vivero |
|
O
persoeiro no seu contexto
por Gustavo Hervella |
Entre
os galegos que merecen o cualificativo de polígrafo Ben-Cho-Shey
figura en lugar sobranceiro. Historia, etnografía, xeografía,
heráldica ou xeografía, de todo sabía moito
e ben. Mais se tivesemos que buscar unha soa palabra para definir
a este ourensán ilustre nada mellor que a de galeguista.
Le sobre o persoeiro |
|
A fins da década de 1950 un grupo de estudiantes de ideoloxía
esquerdista formaran en Madrid o Grupo Brais Pinto. Xa en Galicia
moitos deles constituíron o Consello da Mocidade, pero
a súa heteroxeneidade ideolóxica provocou a esgazadura
interna. Nos anos seguintes viron a luz diversas formacións
políticas opostas ó réxime franquista.
A acción da oposición notouse na universidade
compostelá, e tamén en determinados acontecementos
por toda Galicia.
Aprende sobre esta época
aquí. |
|
Fermín
Penzol
por Irene Mera |
|
O
persoeiro no seu contexto
por Gustavo Hervella |
Fermín
Penzol Labandeira, un galeguista de militancia disciplinada
e constante ó longo de toda a súa vida, pero que
máis alá deste activismo político será
principalmente recordado pola doazón do inxente fondo
bibliográfico que foi recompilando ó longo da
súa vida, hoxe dispoñible ó público
na fundación que leva o seu nome na cidade olívica.
Le sobre o persoeiro |
|
Na década de 1960 o fenómeno máis sobresaínte
foi a emigración a Europa, que se ben antes foi testemuñal,
agora acada cifras moi elevadas. Esta é unha das causas
polas que a poboación galega experimenta un descenso
continuo.
Nos últimos anos do franquismo, Galicia tamén
se constituíu en exportadora de recursos financeiros
para sufragar o desenvolvemento doutras áreas do Estado,
o que supuxo unha das teimas que esgrimía a oposición
democrática ante a réxime.
Aprende sobre esta época
aquí. |
|
Ramón
Piñeiro
por Prudencio Vivero |
|
O
persoeiro no seu contexto
por Gustavo Hervella |
Ramón
Piñeiro foi un dos máis importantes personaxes
do galeguismo político e cultural tras a Guerra Civil.
Nas difíciles condicións que se abrían
Piñeiro destacou por manter acesa a chama da reivindicación
política dunha Galicia libre e autónoma. Admirado
ou cuestionado Ramón Piñeiro debe ocupar, sen
dúbida, un lugar relevante na recente Historia de Galicia.
Le sobre o persoeiro |
|
A posguerra foi unha época de miseria e racionamiento.
Nos anos corenta as bases da economía galega sufren serios
retrocesos, a modernización está paralizada e
a industria é mínima e arcaica. Culturalmente
Galicia está nun deserto. As mentes máis destacadas
da preguerra están mortas, censuradas ou no exilio. Os
anos cincuenta comezan coa fundación de Galaxia e un
rexurdimento "culturalista" da cultura galega.
Aprende sobre esta época
aquí. |
|
Juan
Rof Codina
por Daniel Lanero |
|
O
persoeiro no seu contexto
por Gustavo Hervella |
Rof
Codina foi un dos primeiros en realizar un estudio exhaustivo
do gando galego, experimentando o mellor xeito de melloralo.
A súa capacidade de traballo e iniciativa, así
como a súa facilidade para penetrar nos medios xornalísticos,
fixeron del unha personaxe notoria na Galicia do primeiro tercio
de século.
Le sobre o persoeiro |
|
Do Bienio Progresista ó Bienio Negro, unha etapa políticamente
moi activa. Os partidos obreiros e o progresismo republicano
nacido ó aveiro do Rexeneracionismo decimonónico
establecerán unha loita nas urnas que logo se trasladará
ás rúas do Estado.
Aprende sobre esta época aquí.
|
|
Enrique
Heraclio Botana
por Nancy Pérez Rey |
|
O
persoeiro no seu contexto
por Gustavo Hervella |
O
tipógrafo Enrique Heraclio Botana, foi unha das principais
cabezas dos inicios do socialismo galego chegando a acadar certa
fama a expresión xurdida no ámbito da patronal:
"En Vigo manda Botana".
Le sobre o persoeiro |
|
O
obreirismo na Galicia de anteguerra. A poboación activa
dedicada ó sector secundario en Galicia experimenta un
crecemento nos primeiros trinta anos do século XX, aínda
que o peso do rural será destacado ata os anos sesenta.
Aprende sobre esta época
aquí. |
|
Gumersindo
Busto
por María Presas Beneyto |
|
O
persoeiro no seu contexto
por Gustavo Hervella |
Galicia
débelle á súa admirable tenacidade e á
súa ampla visión do porvir, a súa mellor
e máis eficiente obra do americanismo: a Biblioteca América.
Situada na actualidade no Pazo de Fonseca da Universidade de
Santiago.
Le sobre o persoeiro |
|
Os
tolos anos vinte estiveron marcados pola dictadura do xeneral
Primo de Rivera e o comezo dunha relación de intercambios
económicos e culturais con hispanoamérica cada
vez máis fluída.
Aprende sobre esta época
aquí. |
|
Ramón
María Aller
por María Seijas Montero |
|
O
persoeiro no seu contexto
por Gustavo Hervella |
Unha
das figuras máis importantes da historia da astronomía
española era este sacerdote lalinense. As súas
aportacións no campo das matemáticas e das ciencias
astronómicas influiron en todos os coñecementos
do seu tempo. Varias estrelas levan o seu nome e a el se lle
debe a creación do primeiro observatorio astronómico
de Galicia.
Le sobre o persoeiro |
|
A
segunda década do século XX contempla un grande
movemento social e de ideas políticas. A actividade nacionalista
multiplícase e contribúe á aparición
de algunhas das publicacións máis senlleiras.
Aprende sobre esta época
aquí. |
|
Montero
Ríos. O cacique revisitado
por Margarita Barral |
|
O
persoeiro no seu contexto
por Gustavo Hervella |
Este
compostelano xogou un importante papel na convulsa política
española da segunda metade do século XIX. Considerado
como un típico cacique da época, Montero Ríos
xogou un papel decisivo na sociedade galega da época.
Le sobre o persoeiro
|
|
A
transición do século XIX ó XX en Galicia
estivo marcada por unha forte crise agraria, tensións
arredor da propiedade das terras e o comezo do longo éxodo
a América.
Aprende sobre esta época
aquí.
|