Inicio I Biografía I Contexto

O persoeiro no seu contexto [Aller Ulloa]
por Gustavo Hervella
  Ramón María Aller
Biografía sobre o persoeiro



Galicia na década de 1910
O sistema ideado por Antonio Cánovas del Castillo, e que coñecemos como Restauración, comeza a dar síntomas de flaqueza. O sistema de quenda, polo que se dirixía a política española amosa as súas flaquezas. En Galicia en 1913 é elixido un concellal socialista na cidade de Vigo. Na Coruña a maioría republicana é un feito desde fai anos, e no agro o agrarismo irrumpe con forza a través das encendidas proclamas do cura Basilio Álvarez. As grandes familias políticas de Galicia ven chegar os últimos días; é a de Montero Ríos en Santiago, Gasset en Padrón e Noia ou os Riestra que se repartiran Pontevedra.
As remesas dos emigrantes seguen chegando as nosas vilas, e a súa pegada nótase en cada unha delas: Hospital-Asilo de Lalín ou a Biblioteca América de Santiago de Compostela.


No mundo político, o rexionalismo dá paso ó nacionalismo das Irmandades da Fala que condensará Vicente Risco na súa Teoría do Nacionalismo en 1920. Antes, en 1915 Aurelio Ribalta dirixe a revista Estudios Galegos, cunha forte campaña a prol do idioma galego, e logo Antón Villar Ponte continúa este labor desde La Voz de Galicia. A primeira irmandade que apareceu foi a da Coruña en 1916, e logo surxen outras en diferentes vilas: Santiago, Monforte, Pontevedra, Ourense... . En 1917 hai contactos cos nacionalistas cataláns, concretamente con Cambó. Nas eleccións de 1917 non se presentan ás eleccións, e nas de 1918 preséntanse candidaturas galeguistas, fracasando estrepitosamente. En novembro dese ano as diferentes ideoloxías que había nas irmandades coindicen nun programa político, é a I AsambleaNacionalista de Lugo.


 


CRONOLOXÍA

1911: Nace a C.N.T

1912: Asasinato de Canalejas, presidente do governo.

1912: Primeiros discursos agraristas de Basilio Álvarez no agro galego

1912: Aller Ulloa constrúe o primeiro observatoro astronómico de Galicia

1913: Primeiro concellal socialista en Galicia na cidade de Vigo

1914: Comeza a Grande Guerra

1915: Aparición da Revista de Estudios Galegos

1916: Constitución da Irmandade dos Amigos da Fala da Coruña

1916: Aparición do xornal A Nosa Terra

1917: Asamblea de Parlamentarios. Folga Xeral Revolucionaria. Xuntas Militares

1918: Lexíslase a xornada de oito horas

1918: Remate da I Guerra Mundial

1918: I Asamblea Nacionalista de Lugo

 

 
     
 
 

Cultura Galega.org
Inicio /Especiais / Arte / Comunicación / Música / Espectáculos / Historia / Lingua e Literatura / Sociedade /
Certames / Arquivos / Participa / Xénese / Alén da Terra / Zona Cultura / Colaboracións
Correo / Acerca de Cultura Galega.org


Cultura Galega.org é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega
©Consello da Cultura Galega, 2000