Inicio I Biografía I Contexto

O persoeiro no seu contexto [Gumersindo Busto]
por Gustavo Hervella
  Gumersindo Busto
Biografía sobre o persoeiro


GALICIA NOS LOUCOS ANOS VINTE
Coa Dictadura de Primo de Rivera moitos pretenderon ver ó ciruxán de ferro que desde 1898 se viña demandando desde a intelectualidade e o exército. Pero o Rexeneracionismo como movemento liberalizador comezaba a estar desfasado. Unha das súas premisas foi a cura da patria a través da cultura. De aí que aparecesen iniciativas culturais con este cometido. En Galicia un dos mellores exemplos que temos foi a Biblioteca América da Universidade de Santiago, promovida por Gumersindo Busto desde Bos Aires nestes anos.

Os anos da Dictadura son lembrados pola política agraria do réxime, co decreto de redención de foros de 1926, así como o fomento da especialización gandeira. Moitos cuadros do agrarismo pasáronse en bloque ó primorriverismo, e este entregoulle a dirección de boa parte dos concellos. Será por isto que moitos galeguistas de orientación progresista manifestan o seu desacordo co sistema. Vigo e A Coruña convírtense nas cidades galegas máis importantes, tanto polo número de habitantes como polos negocios alí establecidos. En 1925 nace na vila herculina o Banco Pastor, e na cidade olívica aínda segue funcionando o Banco de Vigo.

América segue a ser un dos principais focos do progreso para Galicia, a labor social dos emigrantes patentízase coa construcción de escolas, hospitais ou obras benéficas. A emigración xa non se debe entender como unha sangría para o país emisor, e sí como unha potenciación de recursos para éste. Os emigrantes posibilitaron a circulación ininterrumpida de diñeiros e ideas a partir da asunción de novas coordenadas mentais, recibidas nas urbes máis importantes do continente americano.
Un movemento que adquire carta de importancia é o hispanoamericanismo. Foi Miguel de Unamuno o primeiro autor que o utilizou en sentido histórico, designando a unidade do mundo hispánico a través da lingua. A este sentimento apelouse desde os Centros Galegos en América, como acto de unión á Madre Patria.

 

 


CRONOLOXÍA

1920: Publicación da Teoria do Nacionalismo Galego de Vicente Risco

1921: Asasinato de Eduardo Dato, presidente do goberno

1923: Comezo da Dictadura de Primo de Rivera

1925: Desembarco de Alhucemas. Fin da Guerra de Marrocos

1925: Nace o Banco Pastor na Coruña

1926: Voo do Plus Ultra

1926: Decreto-lei de redención foral

1929: Depresión económica mundial. Crise da industria conserveira galega

1930: Dimite Primo de Rivera. Comeza a Dictablanda


 

 
     
 
 

Cultura Galega.org
Inicio /Especiais / Arte / Comunicación / Música / Espectáculos / Historia / Lingua e Literatura / Sociedade /
Certames / Arquivos / Participa / Xénese / Alén da Terra / Zona Cultura / Colaboracións
Correo / Acerca de Cultura Galega.org


Cultura Galega.org é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega
©Consello da Cultura Galega, 2000