Inicio I Biografía I Contexto

O persoeiro no seu contexto [Montero Ríos]
por Gustavo Hervella
  Montero Ríos, o cacique revisitado
Biografía sobre o persoeiro


A Galicia de entre séculos
Galicia afronta o cambio do século XIX ó XX coas inquedanzas producidas pola crise agraria finisecular e a redención de foros. Ambos feitos levan a boa parte da poboación galega cara América, xa que o cativo desenvolvemento industrial non deixaba outro camiño. As clases sociais tradicionais que detentaban o poder, clero e fidalguía, loitan por adaptarse ós novos tempos, consiguíndoo a igrexa, pero non os fidalgos que ven atónitos a consolidación da burguesía e do campesiñado, e a aparición dun proletariado mínimo nas cidades de Ferrol, Vigo e A Coruña. Dous movementos de masas son os protagonistas, por unha banda o caciquismo imperante na Restauración, auténtica lacra social pero necesario tal e como estaba construido o sistema, e por outra o agrarismo, que pretendía a modernización do agro galego, tanto en infraestructuras como en relacións sociais.

O pensamento galeguista vai collendo corpo, coa fundación da Real Academia Galega en 1905 presidida por Manuel Murguía, e en 1907 coa constitución de Solidariedade Galega, que aglutinaba a unha amalgama de personalidades e asociacións que pretendían a redención de Galicia, pero desaparecendo ós poucos meses por intereses personais. O paso do rexionalismo ó nacionalismo producíuse en 1916 coas Irmandades da Fala, e máis tarde coa Xeración Nós

A imaxe de Galicia era a que ofrecía Soutomayor a través dos seus cuadros costumistas, de festas e romerías; será Castelao o que amose a realidade coas expresivas caricaturas que levou a Madrid e a outras cidades do Estado.


 


CRONOLOXÍA

1874: Alfonso XII é proclamado Rei de España

1876: Proclamación da Constitución

1882: Galicia é comunicada por ferrocarril coa meseta

1885: Morte de Alfonso XII

1886: Proxectos de Montero Ríos para a redención foral

1888: Fundación na Coruña da Granxa Agrícola Experimental

1890: Lei do Sufraxio Universal Masculino

1891: Fúndase en Ferrol a primeira Agrupación Socialista de Galicia

1898: Tratado de París polo que España perde Cuba, Filipinas e Porto Rico

1905: Constitúese en Cuba a Real Academia Galega

1908: Primeira Asamblea agraria de Monforte

1907: Surxe en Teis un Directorio Antiforal que pretendia a eliminación dos foros

1907: Nace Solidaridad Gallega

 

 
     
 
 

Cultura Galega.org
Inicio /Especiais / Arte / Comunicación / Música / Espectáculos / Historia / Lingua e Literatura / Sociedade /
Certames / Arquivos / Participa / Xénese / Alén da Terra / Zona Cultura / Colaboracións
Correo / Acerca de Cultura Galega.org


Cultura Galega.org é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega
©Consello da Cultura Galega, 2000