Ainda
que na actualidade a lembraza de Montero é moi feble
entre a maioría dos galegos en xeral por ser un personaxe
catalogado polas connotacións negativas que de sempre
levou engadido o termo cacique, sobre todo aquelas
que se xestaron durante a etapa da Restauración, un
tipo humano caracterizado comunmente por ser un individuo
que se valía do emprego abusivo dos medios que a sociedade
e o xogo político do turno pacífico
entre liberais e conservadores puñan á disposición
dos que se adicaban á vida política no seu beneficio
propio; sen embargo, a realidade histórica é
moito máis complexa e o tema do caciquismo precisa
dunha revisión que rache definitivamente con tódalas
xeralidades simplistas que definen ó termo.
Eugenio MONTERO RÍOS naceu o 13 de novembro de 1832
na rúa Xazmíns de Santiago de Compostela nunha
casa recentemente restaurada e na que ainda se conserva a
lápida conmemorativa colocada na súa
honra pola Centro Galego de Madrid o 1º de outubro de
1914, poucos meses despois da súa morte.
Cando contaba
coa idade de 10 anos ingresou no Seminario da cidade pero
rematou por rexeitar a súa formación de sacerdote
cando cursaba cuarto de Teoloxía. De seguido cursou
Bacharelato e licenciuse en Dereito e Filosofía pola
Universidade de Santiago en 1858 e un ano despois, acadou
en Madrid o Doutoramento na Universidade Central voltando
a Santiago como Catedrático de Disciplina eclesiástica.
A etapa do Sexenio
democrático (1868-1873), a primeira experiencia
democrática da historia do Estado Español, foi
o momento da eclosión no mundo político de Montero
Ríos ó ser elexido membro da Comisión
encargada de redactar o texto da Constitución de 1869
e desde este intre Montero defínese cun perfil de liberal
progresista. Na redacción da nova Constitución
defendeu a liberdade de culto e destacou tamén como
reorganizador da Administración de Xustiza ó
ser nomeado Ministro desta Carteira e promulgando leis tan
novidosas como a de Rexistro Civil (1870) ou a de Matrimonio
Civil (1871).
Coa chegada da
I República (1873-1874) e logo despois ca proclamación
da Restauración borbónica (1874-1923)
ideada por Cánovas del Castillo e a proclamación
de Alfonso XII como rei de España, Montero decidíu
retirarse da política por non aceptar os novos sistemas,
adicándose á abogacía. Este retraemento
político durou pouco tempo e cando comeza a década
dos anos oitenta do século XIX rematou por aceptar
o novo sistema e como el mesmo declarou "restaurados
los Bobones, requerimientos determinados y mi amor a la democracia,
me tornaron a la lucha, aceptando lealmente y con la misma
decisión con que había servido a la de Saboya,
a la dinastía restaurada"; voltou a falarse
do xurisconsulto galego en Madrid ó tempo que comezaba
a ser recoñecido como publicista xurídico a
partir dos artículos publicados en La Revista de
Legislación y Jurisprudencia.
No ano 1886 acadou
a carteira ministerial de Fomento e foi elexido deputado por
Santiago de Compostela polo que pasou a representar este distrito
de xeito directo ata 1891 e logo despois foron os seus xenros
primerio (Benito Calderón Ozores e Manuel García
Prieto) e despois un dos seus fillos, Eugenio Montero Villegas,
os encargados de representar o monterismo en Santiago
ata os derradeiros anos da Restauración. Durante estes
anos desenvolveu un protectorado cara a súa cidade
natal e foi o eido do ensino un dos máis favorecidos
pola súa influencia; algúns exemplos deste mecenado
caciquil co que Montero agasallou á cidade de Santiago
foron por exemplo a Reforma do Edificio da Universidade
(hoxe Facultade de Xeografía e Historia) a Escola
de Veterinaria (actual edificio do Parlamento de Galicia)
a Facultade de Medicina e o Colexio de Xordomundos
e Cegos (actualmente Edificio de San Caetano).
Durante os derradeiros
anos do século XIX e ata o seu falecemento a cidade
de Santiago vía nel a figura do seu valedor e protector,
unha condición de grande importancia se temos en conta
o esquecida que se atopaba a rexión galega durante
estes anos de transición entre os séculos XIX
e XX nos que o caciquismo e a política centralizadora
desenvolvida desde Madrid facían imposible contar con
concesións públicas para contribuir ó
desenvolvemento da periferia xeográfica do Estado.
En Santiago, Montero era membro honorario dos distintos centros
e entidades sociais que existían. Cando viña
de visita era recibido cunha grande celebración popular
con disparo de bombas e cohetes e agasallado con concertos
de música e banquetes artellados na súa honra.
Desde 1889 foi
Senador vitalicio e chegou á presidencia desta Cámara
en varias ocasións. No ano 1898 tocoulle desenvolver
un dos papeis máis tristes da sua carreira como político:
presideu a Comisión española que asinou o Tratado
de París trala derrota ante EEUU a propósito
de Cuba e Filipinas, as derradeiras colonias ultramariñas
do antigo imperio español, episodio que lle trouxo
unha impopularidade totalmente inxusta durante uns anos e
do que o mesmo Montero dixo: " Consideraciones políticas
y algunos deberes diplomáticos y de Estado, (
),
me obligaron hasta ahora a guardar un prudente silencio sobre
el Tratado de París nos obstante los injustos ataques
de que he sido objeto, principalmente por una parte de la
prensa. He sufrido paciente y resignado, considerándolo
como una prolongación de aquel sufrimiento, de aquellas
amarguras, de aquel martirio que padecí yendo a defender
a mi país en las luctuosas horas del horrible desastre.
El Tratado de paz con los norteamericanos lo considero como
un capítulo honroso para mí en mi misión
especial de pactar las cláusulas de tal convenio".
Desde 1903
Montero pasou a ser o xefe dos Liberais e no mes de marzo
fixo unha viaxe a Santiago onde falou da sua condición
política nun mitin no Teatro compostelán: "soy
demócrata y soy libera. Las únicas ideas que
profesa son las del partido liberal en que milito (...). Ese
programa, que supongo todos conocéis, no es patrimonio
mío, es del Partido Liberal. El Partido Liberal no
aspira a entrar en la esfera religiosa, esa corresponde a
la Iglesia exclusivamente (...) en cuanto a las aspiraciones
respecto al orden social (...) todo lo que sea compatible
con el respeto que se debe al derecho sagrado de los demócratas,
entiende el Partido Liberal que deben hacer el Estado en pro
de las clases desheredadas. Debemos, pues, consagrarnos a
su educación, a su instrucción, a elevar su
nivel intelectual y a mejorar su situación económica,
reconociendo bien las necesidades de la nueva vida (...).
Franquear los caminos a todos para que puedan llegar a ser
propietarios, contribuir también por los medios lícitos
a que su trabajo sea dignamente recompensado, y esto sin emplear
violencia que a nada ventajoso pueda conducir, es otra de
las aspiraciones del Partido Liberal (...). El sufragio universal
se impone en la vida moderna, no hay más remedio que
admitirlo, que ejercitarlo, que amoldar a él todas
las instituciones de la vida social y política (...).
Ahora queremos gobernarnos a nosotros mismos, tenemos perfecto
derecho para ello (...). Hagamos votos, sí, para que
la flamígera espada que hay que empuñar, sea
igual a la que Santiago llevaba en Clavijo cuando huían
las huestes sarracenas, pues si aquellos cristianos peleaban
por la reconquista de su pueblo, nosotros luchamos ahora con
otras turbas más terribles que son las del caciquismo,
que guerreando en semicírculo como los hijos del Koran,
quiera hacernos tributarios de sus ambiciones".
Dous anos despois,
en xuño de 1905, o rei ofreceulle a Presidencia do
Goberno e el aceptou, quizais máis para satisfacer
as suas ambicións que por considerar que era a persoa
axeitada para o cargo xa que á altura deste ano Montero
Ríos atopábase na etapa final da súa
vida e o antigo demócrata progresista do Sexenio rematara
por ser un dos "primates" do caciquismo da Restauración.
Montero Ríos
morreu en Madrid o 12 de maio de 1914 á idade de 81
anos e desde alí artellouse un enterro que veu a ser
toda unha manifestación do seu poder a pesar de que
el mesmo declarara no seu testamento que non se lle rendiran
honores oficiais de ningún xénero tralo seu
falecemento. O cadaleiro chegou en ferrocarril a Pontevedra
e desde alí a Lourizán para ser soterrado no
panteón familiar da sua residencia de verán,
o Pazo de Lourizán.
En Compostela
a memoria de Montero Ríos quedou reflectida sobre todo
en xullo de 1916 a través da colocación dunha
Estatua do xurisconsulto, obra do escultor Mariano
Benlliure, na Praza de Alfonso XII, hoxe Praza do
Obradoiro, pero que trala polémica que suscitou
este emprazamento xa desde comexos da proxección do
monumento en 1905 e baixo unha ampla suscripción popular
trouxo consigo o traslado da estatua á Praza de
Mazarelos onde se atopa hoxe.
|
|
|