|  
 A 
                    NOVA ARQUITECTURA GALEGA 1965 - 1980 Galicia 
                    viviu ó longo do século XX unha continua renovación 
                    do seu territorio construído, unha secuenciación 
                    de arquitectos que perfilaron e inventaron un novo xeito de 
                    entender e recrear a paisaxe construída. Desde o modernismo, 
                    que prolongou os seus tentáculos nas primeiras décadas 
                    do século, o ilusionismo de emoción provocado 
                    polas utopías e vontades de cambio das ideas republicanas, 
                    para pecharse de súpeto nunha cárcere de desertos 
                    chamada Dictadura; unha época de autarquía onde 
                    se tentaba recuperar valores de pasado para afirmar un presente 
                    pouco xustificado, modelos de clasicismo, sempre totémico, 
                    sempre demasiado presuntuoso. Galicia, neste senso foi existindo 
                    ó longo das primeiras décadas da réxime 
                    franquista asistindo a inauguración de obras,que aínda 
                    que poucas sobresaen pola súa singularidade; pouco 
                    a pouco a estructura dominante foise desfacendo deixando filtrar 
                    novas voces, novos berros, que reivindicaban ese necesario 
                    nexo coa contemporaneidade internacional, o que por aquel 
                    tempo se personificaba no movemento moderno; engancharse a 
                    un tren, moi veloz, era a única e verdadeira necesidade. 
                    Esa foi a vontade dos artífices deste rexurdimento, 
                    desde novo afianzamento unha estructura moderna, nomes anteriores 
                    como Fisac únese ós novos poetas, Bar Boo, Molezún, 
                    Cano Lasso, Alejandro de la Sota ou Andrés Fernández-Albalat.Pensar na realidade actual da arquitectura galega debe afianzarse 
                    nun asentamento teórico-real; atopámolo neses 
                    nomes citados, verdadeiros pais da nosa arquitectura moderna, 
                    pero tamén debemos citar aqueles outros que por estas 
                    datas -década dos 70- comezan a presentar os seus primeiros 
                    productos, arquitectos que logo representarán a liña 
                    máis importante das décadas vindeiras. A escola 
                    da democracia agrupa nomes hoxe moi coñecidos, Manolo 
                    Gallego, César Portela, o equipo formado por Baltar, 
                    Almuiña e Bartolomé, Javier Suances, Carlos 
                    Meijide ou Pascuala Campos.
 
 Foto: 
                    Casa Domínguez en A Caeyra (Pontevedra) de Alejandro 
                    de la Sota construida en 1976. Arquitectura 
                    Galega, de Jose Antonio Cidre. |  | 
                     
                      | CRONOLOXÍA
 1966: 
                          Alejandro de la Sota realiza o Pavillón Polideportivo 
                          de Pontevedra. 1971: 
                          Miguel Ángel Baldellou publica o artigo "Panorama 
                          de la arquitectura actual en Galicia", un dos primeiros 
                          análises da arquitectura galega. 1973: 
                          Fúndase o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 
                          COAG, en Santiago. 1974: 
                          Inaugúrase a Facultade de Arquitectura de A Coruña. 1974: 
                          I Salón Internacional de Arquitectura en Compostela, 
                          SIAC, dirixido por Aldo Rossi. 1975: 
                          César Portela realiza a Casa do Concello de Pontecesures. 1979: 
                          Manolo Gallego realiza unha das súas primeiras 
                          obras en Oleiros.
 |    |