Inicio I Biografía I Contexto

O persoeiro no seu contexto [Antonio Rosón]
por Gustavo Hervella
  Antonio Rosón
Biografía sobre o persoeiro


A RECUPERACIÓN DA LIBERDADE
1975 - 1983

En 1975 morría o xeneral Francisco Franco, e con el desaparecía a última Dictadura da Europa Occidental. O pobo recuperaba unhas liberdades que lle foran usurpadas nunha contenda civil, que na maioría dos casos era recordada como un feito remoto. Galicia comezaba a espertar paseniñamene, ó igual que o resto do Estado, dun sono profundo. As forzas políticas do momento reclamaban un autogoberno, do que xa se gozara brevemente en 1936, así como do recoñecemento da súa singularidade. Isto era defendido tanto polas opcións que estiveran na oposición, como polas agrupacións políticas de centrodereita.
A situación económica non deixaba moito lugar para os experimentos temerarios, e nas manifestacións que se propagaban polas cidades escoitábanse consignas meramente políticas, así como reivindicacións socioeconómicas, sobre todo en ferrol e Vigo.
A constitución foi aprobada maioritariamente en 1978, e todas as forzas políticas amosaron a súa conformidade con eses resultados. Tan só discreparon aquelas agrupacións situadas á esquerda do P.C.E, que paulatinamente foron aceptando a Carta Magna e ós estatutos autonómicos que dela emanaban. Neste intre danse os primeiros pasos da Xunta Preautonómica, presidida por Antonio Rosón. Era un órgano sen a penas competencias e integrado por figuras políticas de segunda fila. Un ano despois establécese unha comisión preparatoria do estatuto, o documento que sae desa reunión é coñecido como "Estatuto dos 16". Sen embargo, a U.C.D recortou prerrogativas, o que supuxo a oposición de boa parte dos baróns do partido, entre eles Rosón.
En 1981 celébranse as primeiras eleccións autonómicas, nas que A.P acada 26 escanos, por 24 de U.C.D. Gerardo Fernández Albor é elixido primeiro presidente da Xunta de Galicia, sendo Rosón presidente do Parlamento.

 


CRONOLOXÍA

1975: Morre o dictador Francisco Franco. Sucédeo como xefe do Estado Juan Carlos I

1976: Primeiro goberno de Adolfo Suárez

1976: Apróbase a Lei para a Reforma Política

1977: Asasinato en Madrid de cinco avogados laboristas

1977: Concentracións contra a Central Nuclear de Xove

1977: Legalización do P.C.E.

1977: Primeiras eleccións lexislativas democráticas desde 1936. Vence a U.C.D.

1977: Reaparece o semanal A Nosa Terra

1977: Manifestación en Vigo a prol da Autonomía

1978: Fracaso da operación golpista na cafetería Galaxia de Madrid

1978: Refundación do P.G.

1978: Apróbase en referendo a Constitución

1979: Cataluña e Euskadi aproban a autonomía da súas comunidades

1980: Galicia aproba en referendo a autonomía política

1981: Fracaso do golpe de Estado do Tenente Coronel Antonio Tejero

1981: Lei do divorcio

1981: Primeiro parlamento galego presidido por Antonio Rosón

1982: Triunfo do P.S.O.E nas eleccións xerais de outubro

1983: Expropiación de RUMASA

 

 
     
 
 

Cultura Galega.org
Inicio /Especiais / Arte / Comunicación / Música / Espectáculos / Historia / Lingua e Literatura / Sociedade /
Certames / Arquivos / Participa / Xénese / Alén da Terra / Zona Cultura / Colaboracións
Correo / Acerca de Cultura Galega.org


Cultura Galega.org é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega
©Consello da Cultura Galega, 2000