Un
imaxinario común para o teatro... voces con acentos non tan
distantes... é o encontro Camiños Teatrais Galicia/
Norte de Portugal que organizan o Centro Dramático Galego,
do IGAEM, xunto á Compañía de Teatro de Braga,
ó Teatro do Noroeste de Viana e a Seiva Trupe de Porto. Entre
o día 10 e o 28 de xaneiro estas compañías do
Norte de Portugal e de Galicia propoñen unha interesante selección
de obras de teatro contemporáneo de ámbito internacional.