|   | 
           
              
              "1 Inferno' ten unha estructura circular: é a historia 
              de Xoán, un señor de idade entre os 40 e os 60 anos, 
              actor de profesión, posuidor dun espantoso talento- pero 
              desempregado por tódolos que o posúen. Por conciencia 
              ou incapacidade de soportar a onda da loita continua, o diálogo 
              diario de paixón e odio, suicídase e vai, como todos 
              os da súa condición, para o Céo. Ó chegar 
              pide permiso para quedarse alí, coa súa simplicade 
              característica. É aceptado. Comeza a súa estadía 
              e a revelación é brutal: o Céo é máis 
              inferno que o propio inferno. Decide vivir.  
               
              Steven Berkoff é un "simpático" señor 
              de 60 anos, provocador, perverso e incisivo. Detentador de destacada 
              axilidade mental, actor de repertorio, comeza por ser contratado 
              en hollywood para facer papeis de "duro" e "malo 
              en películas como "Rambo". A partir de 1973 crea 
              o London Theatre Group e estrea clásicos da dúbida 
              e da angustia (Franz Kafka, Edgar Alan Poe). 
               
           |