Un manifesto
Actores e compañías de Galicia e do Norte de Portugal escribiron un manifesto reivindicando os lazos comúns e a necesidade de afrontar un futuro no que existan máis contactos entre públicos, compañías e actores das dúas beiras do río Miño. Este é o texto subscrito.




O Centro Dramático Galego, compañía institucional da autonomía galega, a "Seiva Trupe" de Porto, a "Compañía de Teatro" de Braga e o "Teatro do Nortoeste" de Viana do Castelo, compañías profesionais de teatro sitas en cidades de referencia da Galicia e Norte de Portugal entenden que chegou o momento de reunirse ó redor dun grupo de traballo teatral Galicia/Norte de Portugal e, en consecuencia, percorrer camiños teatrais que as conduzan a un territorio teatral común onde o diálogo e o intercambio de propostas teatrais, no máis profundo respecto polas soberanias teatrais que cada unha destas institucións- e outras que veñan a adherir a esta vontade- pretende ser un exercicio de creación coas olladas postas nos cidadáns desta rexión transfronteiriza.

Recoñecéndose nas experiencias pioneiras no diálogo inciado nos anos setenda por "Seiva Trupe", e posteriormente acollido formalemente no FITEI, rememorando o significado do "festival de teatro galego-portugués" de Cariño, apoiándose na materia concreta de diálogo que o "Festeixo" en Viana do Castelo xa consubstancial para un espacio de reflexión, debate e encontro que a realización do "Teatragal" e apublicación da revista "Ensaio" representan, e enriquecidas por novas experiencias de diálogo e de confrontación de actividades como as que se teñen protagonizado pola "Compañía de Teatro de Braga" no seo da "Cena Lusófona", as compañías signatarias queren dar a súa aprotación positiva ó desenvolvemento teatral da rexión galaico-portuguesa onde desenvolven a parte máis substancial da súa actividade teatral.

En materia de desenvolvemento teatral e cultural, habitamos nun territorio onde hai moito que facer, atravesado por debilidades conxénitas, perturbado por incomprensións sorprendentes, susceptibilizado por carencias estructurais, desertificado por asimetrías inxustificables. Sen embargo, nese territorio que habitamos, temos ousado protagonizar políticas e prácticas de transformación, iluminadas por experiencias doutros territorios, e orientadas polo farol da xenerosidade.

Nos últimos anos, a sociedade da que somos parte integrante, ten vencido isolacionismos retrógrados e alleamentos irresponsables e, dende a política ata a vida económica, verificamos unha vontade de diálogo e de encontro. Non queremos ser meros espectadores e beneficiarios desa vontade. E para ese territorio concreto da materialidade inmediata da vida queremos traer a utopía do soño na confrontación e na diversidade das creacións artísticas.

As estradas que rachan fronteiras ficarán máis pobres e desertificadas se por elas circulasen a penas mercadorías; á libre circulación de capitais e de traballadores, xulgamos preciso acrecentar a circulación de ideas e de bens artísticos que poidan configurar unha cidadanía europea nesta rexión.

Máis porque esta vontade non fica a penas por piadosas declaracións de intencións, manifestamos dende agora o noso compromiso de, no 2001, dar os pasos fundadores desta comunidade teatral de diálogo. Así, os signatarios desta declaracion comprométense a concretar no próximo ano, o inicio dun programa de intercambios co obxectivo de volver regular a presencia de compañías portuguesas en Galicia e de compañías galegas no Norte de Portugal, ben coa presencia das compañías portuguesas nas outras cidades co vida teatral regular.

Este programa, que acordan nomear como "Camiños teatrais" iníciase en xaneiro do 2001. Neste mes o Centro Dramático Galego acollerá en Santiago de Compostela as creacións teatrais da "Seiva Trupe", da "Compañía de Teatro de Braga" e do "Teatro do Noroeste"; no mesmo mes a "Compañía de Teatro de Braga" acollerá na súa cidade creacións do Teatro do Noroeste, da "Seiva Trupe" e do Centro Dramático Galego; en maio, O "Teatro do Noroeste" acollerá en Viana do Castelo creacións do Centro Dramático Galego e da "Compañía de Teatro de Braga". Este programa de intercambio de acolementos proseguirá no ano 2002, cando a "Seiva Trupe" acolla na cidade de Porto, e no calendario que se establecerá oportunamente, creacións teatrais da "Compañía de Teatro de Braga", do "Teatro do Noroeste" e do "Centro Dramático Galego".

Esta vontade de intercambio non ten, entre tanto, calquera límites exclusivistas e corporativos. Neste sentido, os signatarios comprométense a alongar o territorio teatral que agora concretan as outras creacións e estructuras que desenvoven o seu traballo dos dous lados do rio Miño, e tamén garanten o seu empeñamento de propor as mostras e festivais que se realizan no seu espacio de intervención- "Feira de Teatro da Galicia", "Festival Internacional de Teatro de Ribadavia", "Festeixo" de Viana do Castelo, "Mimarme" de Braga e "Fitei" de Porto, a presencia regular de compañías do Norte de Portugal e da Galicia nestes acontecementos.

As compañías signatarias desta vontade consideran, entretanto, que o sentido do diálogo e do intercambio non se esgota no acollemento das creacións teatrais propias, e que a súa profundización require que a realización de coproduccións entre as estructuras signatarias para constituir un instrumento preciso de aproximacións e de coñecemento, como os ollos postos nos públicos das cidades onde desenvolven a súa actividade.

Así, e no ano 2001 acolle dende xa no seo desta vontade a realización dunha coproducción bilingüe a desenvolver polo Centro Dramático Galego, polo Teatro do Noroeste e polo FITEI, baseado nun texto inédito do dramaturgo Roberto Vidal Bolaño escrito especificamente para o efecto, coa estea marcada para a edición do ano que ven dese prestixioso festival internacional de teatro.

Pensamos que estes son pasos fundadores do coñecemento urxente de veciños teatrais que descoñecen, ou que mal se coñecen aínda, fudamentais para que o necesario proceso de internacionalización do teatro das dúas comunidades non se reduza a un mero evento ocasional. Ademais, tamén pensamos que este é un designio en moito sobrepasa a vontade de catro estructuras teatrais. A teima das institucións que rexen as políticas teatrais e culturais de Portugal e da Galicia, máis tamén de organismos como o Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular e o Grupo de Traballo Galicia /Norte de Portugal ten, neste eido, un papel estimulador e dinamizador non neglixente para que esta vontade se aprofundize e se solidifiquen e normalicen relacións bilaterais que sexan máis que simples relacións de vinganza. E para que os camiños que agora se abren teñan sempre múltiples direccións.

 

 

Cultura Galega.org
Especiais / Arte / Comunicación / Música / Espectáculos / Historia / Lingua e Literatura / Sociedade /
Certames / Arquivos / Participa / Xénese / Alén da Terra / Zona Cultura / Colaboracións
Correo / Acerca de Cultura Galega.org


Cultura Galega.org é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega
©Consello da Cultura Galega, 2000