|  
             É unha obra 
              intelixente, chea de sentido do humor, e con un cariz político, 
              ambientada en santiago de Chile. Un encontro casual entre dous homes 
              vestidos como exhibicionistas ó uso, nas portas dun colexio de rapazas 
              desa cidade, rápidamente convértese nunha batalla de palabras, egos, 
              e teorías filosóficas. No devir do diálogo entendemos que eses dous 
              homes son Sigmund Freud e Karl Marx, ou así o din eles, e a resultas 
              desta revelación o intercambio de ideas, confesións, acusacións 
              e creencias incrementa o nivel humorístico e nos conduce cara un 
              poderoso e inesperado proceso de contínuos sucesos ate o final da 
              obra. 
              De la Parra utiliza unha atmósfera de vodevil, para facer referencia 
              ás teorías sexuais e sociais de Freud e Marx mentres eles discuten 
              sobre que dos dous ten máis dereito a estar nese sitio do parque. 
              Transferencia, neurosis, asociacionismo, dereitos dos traballadores, 
              nais, pais, psicoanálise, e entorno, todo está aquí recollido coma 
              nun xogo no que o humor da as bases para examinar a sociedade chilena 
              baixo o rexime do dictador Pinochet. 
              Marco Antonio de la Parra, autor chileno, escritor de relato corto, 
              novelista, e psiquiatra, comezou a obter a súa reputación como escritor 
              en 1978 coa obra, Lo crudo, lo cocido, lo podrido. A estrea causou 
              un escándalo e a Universidade Católica de Santiago de Chile prohibíu 
              a representación un día despois. A segreda obscenidade de cada día, 
              estreouse en Santiago de Chile en 1984. A obra recibíu en 1987 o 
              Premio de Periodistas de Espectáculos de Chile á mellor obra.  
            
              
            Traducción 
              de António Rebordão Navarro 
            Concepción 
              plástica e dirección: Ulises Cruz 
            Intérpretes: 
              António Reis, Julio Cardoso 
            Asistente: Alfredo 
              de Aguiar 
            Deseño 
              de luces: Julio Filipe 
            Operador de 
              son: Ricardo Branco 
            Operador de 
              luz: Julio Filipe 
            Montaxe de escea: 
              Pedro Branco, Ricardo Branco 
            Estudios de 
              gravación: Fernando Rangel 
            Fotografía: 
              Manuel Gomes Teixeira e Joao Paulo Coutinho 
            Deseño 
              cartel e programa: Indeleble 
            Paneis de publicidade: 
              Designar e Adriano Bento 
            Secretaria: 
              Augusta Silva 
            Relacións 
              públicas: Eugenia Miranda 
             
               
           |