CEMITERIOS

Anterior
I Inicio I Seguinte



Tumba de Fernán Pérez de Andrade
...E A IDADE DOS CABALEIROS
(TUMBA DE FERNÁN PÉREZ
DE ANDRADE O BOO,
Lugar: Igrexa de Santa María a Nova. Noia - A Coruña. 1300-1500 d.C.

O maior número de tumbas que se conservan da Idade Media foron feitas para os aristócratas da época. A diferencia das gremiais, as tumbas dos nobles se construían en espacios reservados dentro das igrexas, co cal se conservaron mellor. Aquí todo é luxo e ostentación. Esculturas a tamaño real, de persoas deitadas que máis semellan durmir que estar mortas, tapando a zona superior do sartego. Cabaleiros vestidos cos seus símbolos de poder (armaduras, grandes espadas estilo Conan, cotas de malla) e Donas coas súas mellores galas. Mentres as estatuas das donas rezan, os cabaleiros agárranse á espada que máis define o seu status social. Se vos fixades, en moitas veredes un can ó carón da cabeza da escultura. Simbolizaba a fidelidade matrimonial e, por certo, é máis abundante nos sartegos das mulleres que nos homes... A máis espectacular é, sen dúbida, a tumba de Fernán Pérez de Andrade, o Boo (era o alcume que lle daban na época), señor das Terras do Eume, na igrexa franciscana de Betanzos. O sartego está no medio da nave central da igrexa, e os seus únicos apoios son catro grandes porcos bravos que exercen de pedestais. O porco bravo era o 'logo' da Casa dos Andrade. O sartego é un festexo da vida do defunto e sérvenos para comprender o modo de vida dos señores feudais. Xenetes e peóns perseguen a xabaríns e outros animais no medio da fraga. Algúns vasalos fan soar cornos para dicir por onde se meteu o xabarín...É imposible quedar impasible ante un lugar no que a morte se converte nun festival da vida.
 


Cultura Galega.org

Inicio /Especiais / Arte / Comunicación / Música / Espectáculos / Historia / Lingua e Literatura / Sociedade /
Certames / Arquivos / Participa / Xénese / Alén da Terra / Zona Cultura / Colaboracións
Correo / Acerca de Cultura Galega.org


Cultura Galega.org é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega
©Consello da Cultura Galega, 2000