CEMITERIOS

Anterior
I Inicio I Seguinte



St. Maria a Nova
A IDADE DOS GREMIOS
Lugar: Igrexa de Santa María a Nova. Noia - A Coruña. 1300-1500 d.C.

Noia era un dos principais focos mercantís da Idade Media e hoxe a vila aínda mantén parte dese esplendor medieval en pazos, igrexas e no interesante cemiterio de Santa María a Nova, dun tempo a esta parte en fase de restauración. Ó redor da súa igrexa gótica ó estilo mariñeiro (século XIV) pódense contemplar as laudas (lápidas) gremiais. Teñen a particularidade de que teñen gravados símbolos que indican cal foi a profesión do defunto. Por exemplo, nunha delas están gravadas unhas texoiras que nos indican que se trataba dun Antonio Pernas da época. Noutro caso, vemos a un peregrino co hábito oficial que deu lugar a todo tipo de interpretacións máis ou menos serias. Non vos perdades tampouco o baldaquino que está situado no adro, unha pequena maravilla gótica.
 


Cultura Galega.org

Inicio /Especiais / Arte / Comunicación / Música / Espectáculos / Historia / Lingua e Literatura / Sociedade /
Certames / Arquivos / Participa / Xénese / Alén da Terra / Zona Cultura / Colaboracións
Correo / Acerca de Cultura Galega.org


Cultura Galega.org é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega
©Consello da Cultura Galega, 2000