  
                     
                    St. Maria a Nova  
                 | 
                
                  
                     
                      | 
                        
                         A 
                          ÉPOCA ROMANA 
               | 
                     
                     
                      | Lugar: 
                         
                        Necrópole . O Grove - Pontevedra. (ss. 300-800 
                        d.C.)  
                         | 
                     
                   
                   
                  O 
                  lugar en si pagaría a pena visitalo só por onde 
                  está. Situado na preciosa parroquia de San Vicente do 
                  Mar, construído a rentes do mar, comezouse a 
                  edificar no século III d.C. ó redor dunha primitiva 
                  basílica cristiá e foi empregado ata o século 
                  VIII. Nun pequeno espacio, están concentrados esa 
                  pequena basílica, o cemiterio, restos dunha fortificación 
                  medieval. Vese que xa de aquela era unha zona con fortes presións 
                  urbanísticas. Non apto para pudorosos, aínda se 
                  poden ver restos dos esqueletes nas súas tumbas tomando 
                  uns 'baños de sol' á intemperie. Outro detalle 
                  é un curioso resto que se atopou alí. Un cráneo 
                  'trepanado', é dicir, a cabeza dun suxeito ó que 
                  na época romana operaron perforándolle o cráneo. 
                  A ver se alguén adiviña de que debeu morrer... 
                   | 
               
             
           |