  
                    Castro de St. Tegra  
                 | 
                
                  
                     
                      | 
                        
                         ¿PERO 
                          ONDE MORRÍA  
                          A XENTE DOS CASTROS? 
               | 
                     
                     
                      | Lugar: 
                        Castro de Santa Tegra. A Guarda -Pontevedra.  
                        500-0 a.C.)  
                         | 
                     
                   
                   
                  Unha 
                  gran incógnita. En Galicia hai case 5.000 castros pero 
                  non se coñece ningún enterramento dos seus habitantes. 
                  O gran arqueólogo Federico López Cuevillas afirma 
                  que "da xente das mámoas sabemos onde morría 
                  pero non onde vivía, e da xente dos castros sabemos onde 
                  vivían pero non onde morrían". Os castros 
                  son poboados fortificados, situados no alto de outeiros, e unha 
                  das culturas máis ricas en restos da chamada 'Idade do 
                  Ferro' en Europa, antes da chegada dos romanos. Para saber como 
                  están as cousas, nada mellor que a confesión que 
                  nos fixo un arqueólogo: "estou convencido que un 
                  día polo monte, pisaremos algo, caeremos nun buraco e 
                  atoparemos a tódolos castrexos mortos dentro". o 
                  Castro de Santa Tecla, na Guarda (Pontevedra) é un sitio 
                  estupendo para explorar a vida destes inmortais devanceiros 
                  e...quen sabe, quizais tamén para atopar a senda que 
                  nos leve ata o Cemiterio de Castrexas. | 
               
             
           |