CEMITERIOS

Anterior
I Inicio I Seguinte



Dolmen de Dombate
AS MÁMOAS EVOLUCIONAN
(OS DOLMES)
Lugar: Dolmen de Dombate. Cabana - A Coruña. 2300-1200 a.C.

O modelo 'fashion' de enterramento megalítico é o dolmen. Trátase dunha impoñente construcción de pedra formada por unha serie de esteos que tiña unha cámara central e ás veces un pequeno corredor anterior. Na época na que se fixeron, o dolmen estaba soterrado debaixo dunha mámoa (introducir marcador). En Dombate (Cabana, A Coruña) consérvanse aínda no interior as pinturas coas que os nosos devanceiros decoraron o seu interior e que teñen un parecido notable coas pinturas que se expoñen hoxe nos Centros de Arte Contemporánea ;). Para os arqueólogos, construccións tan complexas coma os dolmes foron creados por unha sociedade xerárquica, que xa tiña xefes e mandados. Moitas veces, as pedras eran levadas dende case un quilómetro de distancia.
 


Cultura Galega.org

Inicio /Especiais / Arte / Comunicación / Música / Espectáculos / Historia / Lingua e Literatura / Sociedade /
Certames / Arquivos / Participa / Xénese / Alén da Terra / Zona Cultura / Colaboracións
Correo / Acerca de Cultura Galega.org


Cultura Galega.org é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega
©Consello da Cultura Galega, 2000