CEMITERIOS

I Inicio I Seguinte

AS PRIMEIRAS TUMBAS (AS MÁMOAS)
Lugar: Serra do Barbanza - Monte Iroite. 3000-1.500 a.C.

As mámoas son os primeiros enterramentos que se coñecen. Consisten nun monte de terra, cunha coraza protectora de pedras (para impedir que os animais escarbaran) todo ó redor. Os mortos introducíanse na zona central do túmulo, ou cando xa resultaba un pouco complicado, ó redor. Eran moi importantes para a xente da época megalítica, tanto que situaban moitas delas no alto de outeiros e en sitios prominentes para que puideran ser vistas a moitos quilómetros. Arqueólogos da Universidade de Santiago manexan a hipótese de que estiveran colocados nos lugares de paso dos cabalos bravos que viven nas nosas serras. Explorar as mámoas do Barbanza é un paseo gratificante, pero para os non experimentados, pode resultar frustante distinguir o que é mámoa do que é simplemente un montón de terra. A maioría delas están profanadas porque no século XVII o Rei permitiu ó licenciado Ojea a excavación de miles de túmulos. Durante moitos séculos, a xente creu que tiñan tesouros acochados e no tempo libre adicábase ó deporte da excavación.
 


Cultura Galega.org

Inicio /Especiais / Arte / Comunicación / Música / Espectáculos / Historia / Lingua e Literatura / Sociedade /
Certames / Arquivos / Participa / Xénese / Alén da Terra / Zona Cultura / Colaboracións
Correo / Acerca de Cultura Galega.org


Cultura Galega.org é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega
©Consello da Cultura Galega, 2000