CEMITERIOS

Anterior
I Inicio I Seguinte



Camposanto de San Francisco
Ourense
CEMITERIO DE SAN FRANCISCO (OS DOS CONTOS DE MEDO)
Lugar: Ourense. s. XIX.

Panteóns inmensos nos que o granito vai sendo cuberto polo carrizo. Estilo neogótico, barrocos, inspirados na arquitectura india. Tumbas con fotografías, verxas oxidadas... Un dos cemiterios máis destacados de Galicia é tamén un cemiterio de película. O camposanto de San Francisco, en Ourense foi consagrado en 1834 e desde entón veu acollendo os restos dos cidadáns. Na súas lápidas e panteóns pódese seguir a evolución da zona, a puxanza da burguesía do século XIX, o rastro da masonería nas tumbas sen cruces, as tumbas dos mortos en agosto de 1936... Entre as tumbas famosas que se poden atopar aquí, destacan a de Vicente Risco, Otero Pedrayo Florentino Cuevillas ou Miguel Ángel Valente entre outros. A sepultura máis antiga que se conserva é de 1845 e corresponde á Marquesa de Leis. En febreiro do ano 2000 foi declarado ben de interese cultural
 


Cultura Galega.org

Inicio /Especiais / Arte / Comunicación / Música / Espectáculos / Historia / Lingua e Literatura / Sociedade /
Certames / Arquivos / Participa / Xénese / Alén da Terra / Zona Cultura / Colaboracións
Correo / Acerca de Cultura Galega.org


Cultura Galega.org é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega
©Consello da Cultura Galega, 2000