St
Mariña D´Ozo
Cambados
|
A
SUPERPOBOACIÓN NOS CEMiTERIOS |
Lugar:
Santa Mariña D'Ozo. Cambados - Pontevedra. s. XVI
- s.XXI |
Era un dos cemiterios preferidos de Álvaro Cunqueiro,
e ben se entenden as preferencias do escritor. Santa Mariña
D'Ozo, situado en Cambados ó pé dun castro, destaca
polas ruínas da igrexa ó redor do que se sitúa,
da que perviven as arcadas que como única función
actual teñen a de soster o céo. O cemiterio está
inzado de tumbas que chocan as unhas contra as outras, que case
se superpoñen, co barroquismo propio das tumbas das Rías
Baixas. Flores, moito mármol e carrizo subindo polas
románticas ruínas da igrexa. |
|