|
CEMITERIO
MODELO
'COMUNIDADE DE VECIÑOS' |
Lugar:
Luou. Teo - A Coruña. s. XX-XXI |
Os cemiterios
din máis dos mortos que dos vivos. E, como en toda comunidade
de veciños que se precie, os problemas, os pleitos, a
desconfianza e as xogadas 'estrañas' están á
orde do día. Fíxense no que pasa en Luou, concello
de Teo. As duascentas cincuenta familias da parroquia teñen
tres cemiterios para escoller. Dous deles están sen rematar
e cheos de pleitos e xuízos por todas partes. Un deles,
a pesar de aínda non ter licencia de Sanidade, xa ten
un valente defunto no seu interior.
|
|