|
|
|
|
A
vocación comunicativa de Tomás Bautista
Lijó Marcote (Sardiñeiro, Fisterra, 1977)
evidenciase tanto na súa formación académica
como nos traballos que ten levado a cabo. Licenciado
en Ciencias da Comunicación, está na actualidade
desenvolvendo a súa tese de doutoramento. Centra
o seu labor de investigación no sector audiovisual,
e na relación entre este e o territorio, estudiando
as Film Comissions -organismos destinados a facilitar
as rodaxes de cine e TV en determinadas áreas
xeográficas-. Pero o interese de Lijó
no eido da imaxe e o son non se limita á perspectiva
da análise, senón que se concreta en labores
máis prácticos: ten traballado como rexedor,
actor, guionista, productor... Facetas moi diversas
que abranguen desde obras para a TVG -actuando na serie
"Un mundo de historias"- ata produccións
máis persoais, como a curtametraxe "O meu
nome, o meu mundo". Esta última constou
na selección oficial do Festival Internacional
de Cine e Video Independente (Nova York, EEUU, 2001)
e recibiu o premio á Melhor Ficção
no Festival Odisseia das Imagens (Porto, Portugal, 2001).
Non pode obviarse o aspecto máis humorístico
de Lijó, nas súas colaboracións
en "Lijó e Meixide e a Unión dos
Demócratas" ou "Primeiras xornadas
en defensa da lingua estofada". Tampouco acaban
aí as súas inquedanzas, pois anda ultimando
un poemario titulado "A máquina de facer
café e outros obxectos: permanencia e presencia"
e tamén perfila un proxecto de novela. Mentres,
segue colaborando co Departamento de Proxectos de Gestevisión
(Telecinco).
O
proxecto maís recente que Tomás Lijó
ven de rematar é o documental que con Carlos
Meixide realizou arredor do 11-S na cidade de Nova York,
titulado "Cascallos" e do que Culturagalega.org
ofrecerá un trailer en primicia. "Xorde
accidentalmente" -explica Lijó- "durante
a nosa estancia en NY. Eu andaba tomando diversos planos
para unha montaxe narrativa tipo 'imaxes da metrópole'
cando imprevisiblemente aconteceron os atentados contra
as Torres Xemelgas". Lijó ten moi claro
o que pretende transmitir a súa experiencia de
primeira man nunha cidade que sofre un impacto como
aquel: "Amosar o retrato dos cascallos nunha sociedade
na que pese á forza dun acontecemento, nada cambia,
todo permanece inalterable, caótico..."
Tomás
Lijó ten "unha relación coa Rede
esporádica", e afirma que a usa tanto para
asuntos persoais (o correo electrónico como medio
práctico) como profesionais. "As miñas
pesquisas en Internet adoitan a centrarse no sector
audiovisual, para difundir traballos xa rematados e
tamén para investigar", promocionando os
seus proxectos actuais e procurando información
sobre festivais e convocatorias ós que contribuir.
Le
a reportaxe sobre a súa epopeia neoiorquina
"O
meu nome o meu mundo" no soportal de cine
|
|
|
|
|
|
[Vieiros]
[Bravú]
|
|
Vieiros,
Bravú e Culturagalega. Quero que vaian
así, sen orde de preferencia, e non
é por plaxiar ó
amigo Ribao (favoritos da semana pasada) ¡saudos,
companheiros !!!! |
|
|
|
|
|
|
|
Polo
que vexo parece que responde xa o tópico
desta sección de favoritos. Un lugar
necesario (serían necesarios moitos
máis e con maior difusión).
Un esforzo que merece a pena aplaudir. Escasean
os medios de comunicación cun espíritu
libre e crítico, alomenos aquí
temos un bo lugar onde retozar na miseria
deste país de caciques e manipuladores. |
|
|
|
|
|
|
|
|
Para
os realizadores de curtametraxes, documentais,
cine ou o que sexa, con poucos cartos... Un
increíble motor de búsqueda
de festivais internacionais, gratuito. Cubre-los
datos, os intereses que tes para o traballo
e vaiche dicindo cales se axeitan ó
teu perfil. Moi bo, a verdade. |
|
|
|
|
|
|
|
|
Posiblemente
a mellor guía de festivais na rede
das páxinas do estado. Ademáis
teñen unha ampla videoteca que podes
disfrutar (nalgúns casos) a trávés
da rede |
|
|
|
|
|
|
|
|
(Permitidme
que esta la comente en español, la
lengua de todos) Posiblemente la mejor página
dedicada al cantante y patriota gallego. Especialmente
la sección "Pequeño rinconcito
del corazón", a través
de la cual podemos descubrir la gran calidad
humana del cantante que tanto ha luchado y
lucha por nuestra cultura, y como con sus
canciones ha satisfecho los deseos de tantos
y tantos discapacitados mentales (no lo digo
yo, lo dice la página) y de tantos
gallegos, también, ya que luego. |
|
|
|
|
|
|
|
|
Juan
Pardo e outros que tanto fan pola nosa cultura
merecen todo o apoio do noso goberno. Pero
non todo vai a ser cultura. A Xunta de Galicia,
ademais de conseguir que todos sexamos moi
moi cultos e moi moi críticos tamén
fai todo o posible, cunha impecable xestión,
para garantirnos ese dereito fundamental que
é o do traballo. Dende esta páxina
da xunta podemos contribuir ó desenvolvemento
do noso país aceptando calquera dos
postos de traballo ofertados: Dinamarca, Reino
Unido, Irlanda, Islandia, Portugal, ou incluso
Arteixo. Aquí, quen non traballa é
porque non quere. Jarls!! |
|
|
|
|
|
|