CEMITERIOS

Anterior
I Inicio I Seguinte



Camposanto de Boisaca
Santiago de Compostela
CEMITERIO DE BOISACA
Lugar: Cemiterio Municipal de Boisaca. Santiago de Compostela. SS. XIX-XX

Boisaca é o cemiterio municipal de Santiago. Espacio privilexiado da historia do século XX, nel están enterrados poetas como o suicida Aurelio Aguirre, que morreu afogado na praia do Orzán, amigo de Rosalía de Castro; o filólogo Carvalho Calero, ou Valle-Inclán, enterrado no medio dun diluvio de chuvia e acompañado dun círculo selecto de amigos entre os que se atopaba un moi doído Castelao. Boisaca é hoxe un retrato da sociedade compostelá. Dende os grandes panteóns das familias ben de Compostela, ata as luxosas tumbas dos xitanos, pasando por traballadores anónimos, un peregrino chamado Guillermo Watt ou Xosé Casal, 'emigrante galego', como reza a súa lápida.
 


Cultura Galega.org

Inicio /Especiais / Arte / Comunicación / Música / Espectáculos / Historia / Lingua e Literatura / Sociedade /
Certames / Arquivos / Participa / Xénese / Alén da Terra / Zona Cultura / Colaboracións
Correo / Acerca de Cultura Galega.org


Cultura Galega.org é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega
©Consello da Cultura Galega, 2000