Cemiterio
de Pereiró
Vigo
|
PANTEÓN
DE GALEGOS ILUSTRES |
Lugar:
Compostela. S. XX |
Creado por subscripción popular realizada pola Sociedad
Económica de Amigos del País de Santiago, este
panteón, sito na igrexa de San
Domingos de Bonaval, naceu para acoller os restos de Rosalía
de Castro, (aínda que ela prefería ser enterrada
en Padrón) e daqueles galegos que o pobo considerase
merecentes de descansar alí. Máis adiante foron
entrando Brañas, Asorey, Ramón Cabanillas e Domingo
Fontán. Nunha capela contigua á que ocupa este
panteón, está o sartego de granito de Castelao,
que tamén manifestara a súa intención de
non descansar aquí, senón en Rianxo, e un anaquiño
en Pontevedra. Tamén dixera que non quería que
trouxesen o seu corpo ata que Galicia fose libre. Trouxérono
en 1984, no medio dunha grande polémica. Non é
un panteón moi grande, pero desde logo ten moradores
ben ilustres.
Máis
sobre o panteón |