|
|
|
|
Cando
en 1979 Claudio Rodríguez Fer publicaba o seu
primeiro libro, "Poemas de amor sen morte"
daba comezo ó que sería un pioneiro ciclo
de poesía erótica galega que seguiría
en outras publicacións do autor lucense como
"Tigres de Ternura" (1981) co que obtivo o
Premio da Crítica Española. Esta sinal
de identidade deste poeta, narrador, ensaísta
e catedrático de literatura, foi obxecto de consideración
no libro "Por un vocabulario galego do sexo. A
terminoloxía erótica de Claudio Rodríguez
Fer (1996) da tamén poeta Olga Novo. Con máis
de vinte libros publicados de seu poderiamos destacar
outros nomes que corren paralelos na súa bio-bliografía
, eses son os de Jose Ángel Valente e Anxel Fole,
autores dos que é estudioso e especialista na
súa obra.
Este
estudio, no caso de Fole, reflectiuse na publicación
de varias obras sobre os escritos do autor de "Á
lus do candil", así como na elaboración
do guión dun documental dedicado a Fole, realizado
un ano antes da morte deste. A súa relación
con Valente foi estreita e longa e contempla a publicación
de varias obras sobre o autor ourensán e dedicadas
á súa obra, a dirección en Santiago
en 1993 do "Encontro Internacional sobre José
Ángel Valente". E ademais en 1999 Claudio
Rodríguez apadriñou a Valente na súa
investidura de doutor "Honoris Causa" na Universidade
de Santiago, onde actualmente o lugués é
secretario da Cátedra de Poesía e Estética
José Ángel valente, ademais de ser profesor
titular de Literatura Española Contemporánea
na Facultade de Humanidades de Lugo.
Actualmente
Claudio está realizando nun taller de gravado
a edición dunha carpeta de augafortes orixinais
titulada "A vida. Gravados sobre o corpo"
e simultanea esta actividade coa edición dun
número monográfico da revista "Unión
Libre. Cadernos de vida e culturas", tribuna libertaria
que formou xunto a Carmen Blanco en 1977 e desde entón
ambos coordinan. O monográfico que se titulará
"Indíxenas" iníciase cunha longa
colaboración de Noam Chomsky. Dentro da continua
revisión e atención á obra de Valente,
Claudio ven de rematar recentemente a edición
do libro "Cuaderno de versiones", de José
Ángel valente, publicado por Galaxia Gutemberg
/ Círculo de Lectores, onde Rodríguez
Fer reuniu "tras unha longa investigación"
as moi numerosas que de outros autores estranxeiros
fixera o ourensán ao castelán ou ao galego,
constituíndo, nas súas propias palabras
"unha especie de espontánea e vivida antoloxía
da poesía universal realizada por Valente e moi
esperada desde hai anos".
Rodríguez
Fer achégase á rede asiduamente para comunicarse
e investigar dun xeito normalizado pero asegura que
non padece "ningunha adicción virtual nin
ludopatía internáutica". Claudio
afirma sentirse tan lonxe dos que desprezan Internet
coma dos que o sacralizan, e desde punto intermedio
non dubida en asegurar que en Internet "hai tanto
de bo ou de malo como en calquera outro lugar e ofrece
tantos resultados e baleiros como calquera outro medio"
|
|
|
|
|
|
|
|
Prescindindo
das web xa recomendadas, o Arquivo Noam Chomsky
(tan importante lingüísta como
pensador), pode ser unha boa introducción,
por si mesma e polos enlaces que presenta,
ao mundo libertario e á cultura crítica
e humanística non manipulada. |
|
|
|
|
|
|
|
A
web oficial da Administración Picasso,
ben realizada e ben conectada, non só
pode levar suxerentemente ao mundo do artista
do século XX por antonomasia, senón
tamén ao interesante e universal enlace
cos museos de toda a Terra. |
|
|
|
|
|
|
(Les amis de George Brassens)
(La mauvaise rèputation)
(Espace
Georges Brassens)
|
|
Algunhas
webs informativas sobre o irreverente cantautor
provenzal Georges Brassens, sen dúbida
quen con mellor humor e máis eficaz
intelixencia nos poderá facer disfrutar
sempre do escepticismo ácrata e da
liberdade persoal. Ninguén combateu
con máis sutil divertimento o rexeitamento
dos marxinados, o nacional militarismo, o
clasismo autoritario, o clericalismo hipócrita
e a persecución do diferente, é
dicir, os males de onte, de hoxe e de mañán.
O autor de "A mala reputacion",
natural de Sète e cantor da deliciosa
"Súplica para ser enterrado na
praia de Sète", ten na súa
vila natal un Museo particular con web propia. |
|
|
|
|
|
|
(Léo Ferré.com)
(Association Thank You Ferré)
(SommaireGeneral)
|
|
Algunhas
das páxinas máis agradables
e documentadas en torno ao cantautor anarquista
monegasco Léo Ferré, acaso o
máis desgarrado e intenso cantor da
poesía revolucionaria, do furor erótico
e da insubmisión integral, ou sexa,
daquelo polo que a persoas coma min nos merece
a pena vivir. Non en van musicou a Baudelaire,
Verlaine, Rimbaud, Apollinaire e Aragon, e,
sobre todo, é autor do radical manifesto
poético "Prefacio", de cancións
de amor como a que ten por refrán "O
teu estilo é o teu cu" ou dos
himnos libertarios "Os anarquistas",
"A opresion" ou "Nin deus nin
amo", material en boa parte xa traducido
ao galego. |
|
|
|
|
|
|
(Centro
de Estudios e Documentación )
(Garden
of Forking Paths)
|
|
Borges,
o escritor do mundo e acaso o primeiro creador
da rede e de todas as redes, ten tamén
específicos espacios virtuais, mesmo,
como a el lle gustaría, dende o borgeano
Centro de Estudios e Documentación
Jorge Luis Borges dunha universidade escandinava
e dende unha non menos borgeana serie universal
do labirinto que comparte con Joyce, Beckett,
García Márquez, Robbe-Grillet,
Eco, Angela Carter e outros perdidos polo
dédalo. |
|
|
|
|
|
|
|