|
|
|
|
Carlos
Taibo quixo preguntarse porqué as cousas son
como son e o resultado foi "Cien preguntas sobre
el nuevo desorden". Unha publicación que
a Punto de Lectura acaba de poñer á venda.
Unha obra na que pretende facer unha introducción
pedagóxica ós principais problemas do
mundo contemporáneo (globalización, ONU,
hexemonía estadounidense...). O do mundo de hoxe
e os seus problemas é un tema que moito lle gusta
a Taibo, que ten entre os seus titulos "Europa
sen Folgos", "A nova desorde internacional",
"¿Un novo Terceiro Mundo?". E todo
desde o punto de vista pedagóxico. Non en van
a súa vida profesional está moi ligada
á docencia. É profesor de Ciencia Política
e director do programa de estudios rusos da Universidade
Autónoma de Madrid.
Agora mesmo está acumulando lecturas para facer
un libro sobre Europa e, mentres acariña este
proxecto, anda a traballar nun libro sobre a crise internacional
derivada dos feitos do 11 de setembro. E en galego tamén
ten planes, exactamente un texto sobre os movementos
de resistencia global.
A internet, amén de ser un deses fenómenos
da globalización sobre os que teoriza, sírvese
dela como unha ferramenta para saber o que contan os
xornais doutros países e as páxinas de
perfil policito radical e as especializadas na Europa
cerntral e oriental. Aínda así, o que
máis emprega é o correo electrónico.
|
|
|
|
|
|
|
|
Permite
a entrada en páxinas moi dispares que
recollen o sentir de movementos críticos
de diferente textura. |
|
|
|
|
|
|
|
Reproduce
artigos publicados, en español, en
moi diferentes medios,e marcados tamén
por unha consideración crítica
do mundo en que vivimos. |
|
|
|
|
|
|
|
|
É
unha páxina que, similar á anterior,
fai o propio co mundo de fala portuguesa. |
|
|
|
|
|
|
|
|
Recolle
información sobre movementos que, activos
en Galiza, se encontran vencellados coas redes
de resistencia global. |
|
|
|
|
|
|
|
|
Tódolos
días inclúe detallada información
sobre o que acontece na Europa central e oriental |
|
|
|
|
|
|
(fnac)
(amazon)
|
|
Estas
páxinas permiten coñecer a producción
de libros en español, francés,
italiano, portugués e inglés. |
|
|
|
|
|
|