|
Este
Ferrolán está considerado coma un dos
músicos de jazz con máis proxección
internacional de todo o estado. formado no Conservatorio
da Coruña e no Municipal de Barcelona completou
os seus estudios de contrabaixo cos profesores Fernando
Sala, David Thomas e Todd Coolman. Ten pasado por grupos
de diferentes xéneros, desde o folk de Doa á
improvisación da Orquesta Foco. Ademais, participou
en diversas formacións de jazz como foron Clunia
(segundo premio no Festival de Jazz de San Sebastián
de 1983), Maria Joao Cuarteto (primeiro premio no Festival
de Jazz de San Sebastián de 1985), Circe, Javier
Paxariño ou Zyklus, co que participou en destacados
festivais internacionais.
Baldo
Martínez ten publicados tres discos, "Jazzhondo"
(1996), "Juego de niños" (1998) e,
o máis recente, "Nai", publicado o
ano pasado. Este disco foi gravado co seu quinteto habitual
e recolle influencias da música de raíz
pasadas a través do jazz. O álbum foi
elexido como segundo disco do ano pola revista "Cuadernos
de Jazz".
Na
actualidade prepárase para participar no Festival
Eurojazz que celebrará en México e que
recolle os proxectos máis interesantes de todo
o continente. Tamén realizará, ata o 25
de abril unha xira por todo o país que continuará
despois por España co proxecto "Un Texto
un contrabajo", que mestura músia e poesía.Tamén
prevé actuacións este verán con
"Proyecto Minho", unha encarga do Festival
Internacional de Jazz de Guimaraes no que mestura música
popular galega e portuguesa con jazz.
O
emprego que de Internet fai este músico e fundamentalmente
profesional, para contactar con outros músicos,
coordinar concertos ou enviar material. Ten ademais
unha web persoal na que amosa o seu curriculum e os
seus proxectos. A rede permítelle tamén
coñecer xente de todo o mundo que lle escribe
a miúdo a través da súa web.
Páxina persoal de Baldo Martínez
http://perso.wanadoo.es/baldomartinez
|
|