|
Xosé María Fernández Pazos é
unha desas persoas que leva nisto da Internet moito
antes de que a maior parte de nós soubera sequera
de que ía todo isto. Licenciado en Xeografía
e Historia e xornalista, Xose María foi o primeiro
responsable do servicio de teletexto e de Internet da
CRTVG, da súa man comezou ese proxecto de dimensións
monumentais que levou de xeito pioneiro en Europa a
emisión destes medios, tanto da televisión
como da radio autonómicas, por Internet.
No seu labor de xornalista radiofónico Fernández
Pazos presenta e dirixe o programa adicado ás
tecnoloxías da información "Código", que se emite os sábados na Radio
Galega. Pero os oíntes habituais da radio galega
tamén recoñecen a Xosé María
Fernández Pazos por ser el quen encárgase
da elaboración e presentación da información
metereolóxica desta cadea.
Ademais de todo iso Xosé María colabora
habitualmente co programa "Morriña"
realizado pola Asociación de Espacios Radiofónicos
Galegos en Cataluña.
O
seu interese pola rede levouno a desenvolver o cargo
de vocal da sección galega da Internet Society,
unha organización non gubernamental que define
os estándares de funcionamento de Internet. Actualmente
Xosé María levou o seu programa "Código" tamén a outros formatos creando
unha páxina web que constitúe un dos maís
útis portais de información sobre ás
novas tecnoloxías, e a súa última
aposta é levar Código tamén
ó papel conviritindoa así na única
publicación que ten presencia en radio, Internet
e papel ó mesmo tempo.
Outro proxecto no que Fernández Pazos está
metido ata as cellas neste momento é a dixitalización
do amplo arquivo sonoro da Radio Galega recuperando
gravacións históricas que corría
o serio perigo de desaparecer. Xa dentro doutra das
súas múltiples facetas Xosé María
tamén está a preparar un libro sobre a
historia fotográfica de Ribeira que ampliará
o coñecemento desa zona da que el é orixinario.
O seu emprego de Internet dedícase fundamentalmente
á busca de información para "Código", o cal de seguro que implica un bo número
de horas semanal, ás que hai que sumar as que
dedica a buscar información meteorolóxica
para as súas prediccións.
|
|