|
|
|
|
César varela é unha desas persoas que
andan metidas en moitas historias diferentes ó
mesmo tempo, aínda que sempre coa música
como telón de fondo de todas as actividades.
Co seu grupo "Playmother & Fuckerback"
da concertos case ininterrumpidamente por toda a xeografía
galega desde a súa presentación en abril
do pasado ano. Tamén, e en paralelo con esta
actividade, leva adiante a edición dun coidado
e impecable fanzine sobre grupos musicais de Compostela,
"Plástico Elástico" que xa sacou
o seu primer número á rúa. A acollida
tan favorable que recibiu esta publicación levou
a César a colaborar na revista MondoSonoro, un
dos referentes da música independente actual,
da que agora é correspondente para a edición
de Asturias, Galicia e León escribindo sobre
grupos galegos.
Inventores
do "motherfucker freestyle" , as letras das
cancións de "playmother & fuckerback"
son "afiadas como un coitelo" ou "caídas
como unha granizada", e o seu espectáculo
en vivo ten unha posta en escena que non deixa de impactar
ó seu público, mentres inundan, el e máis
o seu compañeiro Xulio , os rtimos soul, trip-hop,
house e funk coas súas voces e as súas
coreografías.
César
está xa presentando o novo repertorio de cancións
de "Playmother & Fuckerback" en distintios
concertos estes días, e vai con prisas dun sitio
para outro, sin parar na súa frenética
actividade agás de cando en vez para consultar
o seu correo electrónico, responder á
xente e mandar ós medios de comunicación
correos promocionais dos concertos de "Playmother
& Fuckerback". César tamén navega
de cando en vez mirarndo algunha páxina que lle
resulte interesante.
|
|
|
|
|
|
|
|
Lixo
Urbano. Editora discográfica independente
afincada en Santiago que leva algúns
grupos de hardcore, trash, punk, etc. |
|
|
|
|
|
|
e-zine de música independente con noticias,
entrevistas, mp3, discos, concertos, maquetas,
premios, foros, enquisas, reportaxes, opinión.
salas de concertos... |
|
|
|
|
|
|
|
A axenda de concertos máis completa.
Unha axenda con máis de 2000 actuacións
e unha actualización semanal de case
400 concertos. Lista de Links de Grupos e
un bo número de direccións para
confirmar e aumentar datos sobre concertos |
|
|
|
|
|
|
|
|
Nave de Servicios Artísticos,
é unha iniciativa privada de autoxestión,
colectiva, aberta e independente, que xurde
en 1992 desde a sociedade civil, promovida
e xestionada por artistas, todos eles vinculados
ao Colectivo Chévere, coa finalidade
de acoller todo tipo de manifestacións
artísticas e culturais |
|
|
|
|
|
|
|
|
Bravú.net
quere ser un faro cibernético da cultura
alternativa que emite para o mujndo desde
aquí, que aposta pola creación
mutante que se escapa das redes dos medios
de comunicación convencionais |
|
|
|
|
|
|