Carme Hermida
 

Carme Hermida Gulías é doutora en Filoloxía Galega e dá clases do noso idioma na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela. Aínda que naceu en Portela de Lamas (Pontevedra) ós nove anos marcou coa súa familia a Euskadi, onde decidiu estudiar Filoloxía Galega porque era "a única carreira que me permitía volver a Galicia". Desde que en 1983 entrou como bolseira no Instituto da Lingua Galega (ILG) veu desenvolvendo un intenso labor didáctico e de investigación.
Entre os seus traballos máis coñecidos atopamos o libro "Os precursores da normalización", publicado en Xerais. Ademais, é coautora do "Gran Diccionario Xerais da Lingua", traballa no ILG e dirixe a colección de literatura infantil e xuvenil na editorial Sotelo Blanco.
O seu último traballo unha recensión sobre o libro de Méndez Ferrín "Un escritor nos xornais", que recompila os traballos publicados polo autor en "Faro de Vigo" no ano 2000. Actualmente traballa na adaptación do "Gran Diccionario Xerais" para que esta obra substitúa ó actual diccionario da editorial. Ademais, prepara para esta mesma casa unha edición de "A gaita gallega" de Xoan Manuel Pintos e, cos seus veciños de Cacheiras, prepara unha exposición de fotos antigas da zona.
O seu emprego de Internet é, segundo ela, "puramente instrumental", decantándose a súa navegación cara a webs de información e especializadas en Filoloxía. Non adoita navegar moito.

 
   
 

http://www.vieiros.com/

  Foi a primeira páxina na que entrei e téñolle apego. Ademais de proporcionar datos de temas moi variados permite coñecer información, non convencional, de diferentes lugares da xeografía galega que noutros medios non aparecen.

   
 
http://www.acontrafio.com
É a información non controlada nin autocensurada. Ademais contén opinión.

   
 
http://www.cadenaser.com/
  A información global. A esta páxina cheguei porque un día me alporizou, unha información, e como falaban dun chat para entrar en contacto cos oíntes, entre. O certo é que se agradece que haxa canles de comunicación entre os emisores e os receptores das noticias.
 
   
 

http://www.pereirazo.com/

  A páxina que uns amigos enredados lle fixeron a outro amigo, máis enredado aínda, cando decidiu casa... e casou. A curiosidade é que tódolos responsables, por activa ou por pasiva, foron alumnos meus.
 

 

 

Cultura Galega.org
Inicio /Especiais / Arte / Comunicación / Música / Espectáculos / Historia / Lingua e Literatura / Sociedade /
Certames / Arquivos / Participa / Xénese / Alén da Terra / Zona Cultura / Colaboracións
Correo / Acerca de Cultura Galega.org


Cultura Galega.org é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega
©Consello da Cultura Galega, 2000