Fasero
 

Xoan Carlos Fernández Fasero leva xa uns anos a dar ritmo ó país traendo novos aires ó folk.Desde proxectos coma Mutenrohi, ou tocando con Cristina Pato, amosou novos xeitos de tocar as cancións de sempre. No seu traballo en solitario, "Mar de mares" (2001), ampliou os seus horizontes musicais pasando do folk máis anovador á world music, amosando influencias de Mike Oldfield. Todos estes traballos valéronlle tres nominacións ós Premios da Música da SGAE e a AIE.
Ademais, desde Zouma records está a producir os traballos doutros músicos, coma o recén saído "Projecto Entropia" dos Bate Certo. O seu último traballo, de finais do ano pasado foi o "Danze" de Mutenrohi, no que interviu como músico ademais de levar as tarefas de producción. Nesta faceta tamén acadou o recoñecemento de dous premios luar polo primeiro disco de Cristina Pato e por unha gravación da Banda de Gaitas de Manzadeda.
No pasado mes de febreiro rematou de preparar o estudio de gravación de Zouma, Desfase Sound, e agora está a traballar nos vindeiros discos de Otro Juego de Té, Os Carunchos e Cristina Pato. Por se fose pouco, para maio está previsto o lanzamento do seu segundo disco en solitario, aínda sen título definitivo. Tamén está a preparar as xiras de verán dos grupos que leva desde a súa productora, que son, ademais dos xa mentados Mutenrohi e Cristina Pato, Xarín, Beladona, Xingra, Xistra do Coruxo, Mugardos, Britonia e Queno y los malos hábitos.
Desde Zouma, en colaboración con outras tres discográficas do país está a artellar a creación da Asociación Fonográfica Galega para acadar un maior apio e promoción da nosa música.
O seu emprego de Internet é fundamentalmente profesional, xa que en Zouma emprégano para recibir desde información a dosieres ou mp3 ou fotografías. Aínda non navega moito, recoñece que en ocasións déixase levar polas ligazóns e vai de páxina en páxina sen rumbo fixo.

 
   
 

http://www.zoumarecords.com/

  E a paxina da miña discográfica. Reconozco que non se actualiza como debera, pero estamos mellorando esta cuestión.

   
 
http://www.crtvg.es
Interesante paxina para conocer Galicia. Ten información para parar un camión e sobre todo as posibilidades que ofrece, en concreto, a páxina da radio, e mais concretamente a dos "Concertos da Galega".

   
 
http://www.digidesign.com/
  E a paxina da empresa que fabrica e deseña ProTools, un dos programas de audio máis utilizado polos estudios de todo o mundo. Moi innovadora.
 
   
 

http://www.todaslasnovedades.com/

  A paxina de unha revista musical que ata agora se distribuía gratuitamente en Madrid. Agora está na rede. Interesante porque non trata a música das multinacionáis.
 
   
 
http://www.cristinapato.com/
  A páxina da gaiteira xusticieira. Dinámica e divertida, con un dulce toque infantil. E ademáis eu son o seu productor.
 

 

 

 
 
http://www.portalatino.com/
  Paxina da SGAE na que se atopa un gran repertorio de música española. Toda se pode escoitar, pero non baixar. Fenomenal
 

 

 
 

 

 

Cultura Galega.org
Inicio /Especiais / Arte / Comunicación / Música / Espectáculos / Historia / Lingua e Literatura / Sociedade /
Certames / Arquivos / Participa / Xénese / Alén da Terra / Zona Cultura / Colaboracións
Correo / Acerca de Cultura Galega.org


Cultura Galega.org é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega
©Consello da Cultura Galega, 2000