Marilar Aleixandre
 

Aínda que consagrada coma unha figura imprescindible das letras galegas, o nome de Marilar Aleixandre continúa estando asociado á literatura infantil é xuvenil. É con este xénero co que iniciou a súa andaina literaria ó publicar en 1989 o conto "A formiga coxa" e, un ano despois "O rescate do peneireiro". A estes seguiron obras dirixidas a un público un pouco máis adulto, coma é o caso de "A expedición do Pacífico", Premio Merlín e Premio da Crítica, ou "Nogard. Outras obras súas para este público foron "A banda sen futuro", premios Lazarillo e Lecturas, ou "Paxaros de Papel", editado por Xerais o pasado ano.

De calquera xeito, non se pode clasificar a Marilar coma unha autora para rapaces. Xa en 1993 a súa novela "Tránsito dos Gramáticos" deu a coñecer a súa capacidade como narradora para un público adulto. A esta obra sumáronselle, con unánime recoñecemento de crítica e de público "A Compañía Clandestina de Contrapublicidade", premio álvaro Cunqueiro en 1998, "Por unha presa de terra" ou "Teoría do Caos, a súa última creación literaria e Premio Xerais 2001.

Como poeta participou en varias publicacións colectivas e nas actividades do Batallón Literario da Costa da Morte, publicando en 1998 "Catálogo de velenos", polo que obtivo o premio Esquío en 1998. Por se todo isto non abondase, foi a encargada de traducir ó noso idioma obras tan destacadas coma "A caza do Carbairán", de Lewis Carroll (traducción incluída na Lista de Honra do IBBY en 1997) e o primeiro volume da serie Harry Potter. Ademais, son abondosas as súas colaboracións en diferentes publicacións sobre cultura e literatura, e guionizou os catorce capítulos da serie de banda deseñada "Os escachapedras", con ilustracións de Fran Bueno.
A pesar do seu abondoso currículum, non se dedica profesionalmente á literatura, senón que traballa coma profesora de Didáctica das Ciencias na Universidade de Santiago, como sinala ela mesma "unha das empresas máis antigas (500 anos) de Galicia".

Logo de "Teoría do Caos", vén de rematar varios relatos curtos para antoloxías de narrativa e os textos da súa páxina persoal, actualmente está a desenvolver un proxecto de investigación sobre o razoamento en ciencias, traduce "Teoría do Caos" ó castelán e recolle material para unha nova novela. O seu emprego de Internet é diario, tanto para cuestións profesionais como para manter contacto coas amizades, intercambiar material literario ou acceder a información alternativa.

Páxina persoal de Marilar Aleixandre:
http://www.terra.es/personal8/rfacal/


 
   
 

http://www.vieiros.com/

  A información de Galicia en galego e a internacional tamén en galego. Un enderezo indispensable.

   
 
http://www.rebelion.org
Refrescante información alternativa (o oitavo en lectores de España), contén seccións fixas sobre Internacional, cultura, dereitos humanos, ecoloxía e artigos de autores como Petras, Bourdieu, Saramago, Sami Nair etc. presta especial atención aos movementos antiglobalización, a situación en África...

   
 
http://www.zmag.org/
  Defínense como unha comunidade comprometida co cambio social; información alternativa, en varios idiomas (aínda que boa parte das colaboracións tamén están traducidas ao castelán) e en comparación con rebelión ten menos información latina. Ten unha sección de banda deseñada.
 
   
 

http://www.google.com/

  É un excelente buscador no que podes ata encontrar cousas sobre ti mesma que descoñeces; a versión xeral está en inglés pero dá a opción de buscar só en castelán.
 
   
 
http://www.mujeresenred.net
  Recén estreada páxina con informacións e novidades sobre mulleres, violencia de xénero, iniciativas, etc. procedentes de todo o ámbito latino
 

 

 

 
 
http://www.quinion.com/words/weirdwords
  Xiria. Nela encóntrase información sobre esas palabras en inglés que nunca aparecen nos diccionarios. Indispensable para traductoras e traductores.
 

 

 

 
 
http://www.viverde.com.br
  Unha posibilidade de turismo alternativo, viaxar e coñecer proxectos comunitarios (como o de Aldeia dos Lagos, promovido polo WWF) que pretenden xestionar de modo sustentable unha área de selva.

 

 
 

 

 

Cultura Galega.org
Inicio /Especiais / Arte / Comunicación / Música / Espectáculos / Historia / Lingua e Literatura / Sociedade /
Certames / Arquivos / Participa / Xénese / Alén da Terra / Zona Cultura / Colaboracións
Correo / Acerca de Cultura Galega.org


Cultura Galega.org é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega
©Consello da Cultura Galega, 2000