Luísa Villalta
 

13 de decembro de 2003. Luísa Villalta ven desenvolvendo desde hai anos un intenso labor que abrangue unha grande variedade de eidos. A súa experiencia poética, con obras coma "Música reservada", "Ruído" ou "Rota ao interior do ollo" publicadas entre 1991 e 1995, continúa desde entón coa participación en recitais e noutros actos de carácter poético.

Como narradora ten publicado "Silencio, ensaiamos", "Teoría de xogos" e, o ano pasado, "As chaves do tempo". A súa actividade literaria tamén chega ó campo teatral, para o que escribiu as pezas "Concerto para un home só", "O representante", "O paseo das esfinxes" e "As certezas de Ofelia". Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa e en Hispánica, publicou ensaios coma "O don Hamlet de Cunqueiro: unha ecuación teatral" e "O outro lado da música, a poesía".Por se parece pouco, Luísa é tamén titulada en violín e publica de cando en vez en diferentes xornais e revistas con artigos sobre música. Participa activamente na Asociación de Escritores en Lingua Galega e no Foro da Cultura Galega e é colaboradora habitual de publicacións coma "Grial", "A Trabe de Ouro", "Agália" ou "Tempos Novos" entre moitas outras.

Logo da publicación da novela "As chaves do tempo" o pasado ano, afirma ter varios proxectos en diferente grado de desenvolvemento pero aínda sen pechar. O seu emprego de Internet é fundamentalmente para para o correo electrónico. Segundo ela "desde que teño Internet, o telefone soa menos e o sinal do contestador automático parece adormecido ou estragado". En canto á navegación, afirma que tende a ir a temas e informacións concretas e que non é moi amiga de ir de web en web.


 
   
 

www.bornmagazine.org

  BORNMAGAZINE. Art and Literature collaboration. Unha páxina interesante que oferece unha variada colección de traballos literario/visuais de diferentes estilos, temáticas e características técnicas, intentando sacar o máximo partido ás posibilidades artísticas no ciberespacio. Algúns son verdadeiramente espectaculares. É preciso un ordenador potente con programas actualizados.

   
 
http://www.ctheory.net
Páxina internacional, sobre teoría, tecnoloxía e cultura. Moi sobria canto ao formato, é unha revista con máis dun centenar de artigos en torno ao pensamento e teorización sobre o mundo contemporáneo.

   
 
http://www.zonanon.org/
  Revista de opinião, artes e ideias. Páxina de opinión disidente elaborada en Coímbra. Contén informacións, artigos e criación directa, inquietante, actual.
 
   
 
http://www.poesia.com/
  Revista arxentina de poesía iberoamericana que contén un amplo arquivo de poetas e textos actuais.
 
   
 
http://www.orpheu.com/
  Páxina brasileira de poesía que tamén presta atención á poesía galega.
 

 

 

 
 
http://www.bivir.com/
  Magnífico proxecto de actualización cultural das nosas letras a través da incorporación de traducións ao galego de obras referenciais noutros idiomas.
 

 

 

 
 
http://www.ctv.es/USERS/mforca/
  Ximnasio de Academo. Mantida por Manuel Forcadela, é unha das revistas literarias galegas pioneiras e máis completas na nosa lingua.
 
[26/04/2024] O texto foi editado para substituír as ligazóns recomendadas por Luísa Villalta, xa non activas na rede, polas súas copias dixitais no Internet Archive nas datas nas que foron consultadas por Villalta para este texto.
 

 

 

Cultura Galega.org
Inicio /Especiais / Arte / Comunicación / Música / Espectáculos / Historia / Lingua e Literatura / Sociedade /
Certames / Arquivos / Participa / Xénese / Alén da Terra / Zona Cultura / Colaboracións
Correo / Acerca de Cultura Galega.org


Cultura Galega.org é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega
©Consello da Cultura Galega, 2000