|
O
de Avelino González (Vigo, 1962) é teatro
en estado puro. E é que o gusanillo da interpretación
picouno con dezaoito anos, cando embarcou en "A
Farándula" de Vigo, onde estivo ata 1984.
Desde entón foi de aquí para alá,
formando parte en diferentes producción tetrais,
impartindo cursos.... E con tanta experiencia no seu
haber tamén hai un premio, ó mellor actor
secundario que comparteu en 1993 polo seu traballo en
"Un soño de verán".
E
agora interpreta, pero doutro xeito, como "Actor
de Captura de movementos", é dicir, prestando
os seus xiros, saltos, e xestualidade para que un ordenador
os convirta nos movementos para debuxos animados. E
iso sen esquecer as súas colaboracións
habituais na Radio Galega e que anda por ahí
contando e pergueñando contos, bucando cousas
que facer en teatro, cine, televisión, narración
oral...
A
internet é unha máis das súas ferramentas
de traballo que usa para buscar informacións,
para curiosear en historietas... como non teatrais.
Algo que lle recorda "ó rebusque, cando
de pequeno andaba polos vertedoiros incontrolados monte
arriba, remexendo sen buscar nada en concreto a ver
que aparecía, un día aparecéu unha
colección de selos marabillosa con selos de antes
da guerra civil, á par dela había moitas
latas valeiras". Pero non só iso, senón
tamén "para que me curioseen, informen etc"
para o que está a construír a súa
páxina (que espera ter colgada en marzo ou abril).
Como di el "Outra lata no vertedoiro".
Enlace a Ollomol
Tranvía
|
|