|
A
súa primeira incursión no mundo da literatura
(Liques da memoria, 1991) valeulle o premio Bouza-Brey
para autores novos. Un inicio máis que positivo
para este ceense de 33 anos bo coñecedor da internet
e das súas vantaxas. Non en van a súa
última e décima obra "memoria
de ahab" (2001) publicouse na súa web
persoal. Unha experiencia que repetía, xa
que fixera o mesmo con"Illa
dentro" en 1998; daquela, da man do grupo "Teatro
bruto". E nesta dirección, na de seguir
traballando na internet que emprega diariamente, están
depositados os seus proxectos máis inmediatos.
Este licenciado en filoloxía galego-portuguesa
ten no seu haber outros premios e outros recoñecemento
que o avalan como unha desas personalidades literarias
que están acadando un espacio de seu. Obtivo
o premio de narración curta Curuxa do Humor e
o Premio Cómaros Verdes do Concello de Vilagarcía
de Arousa (con "Casa ou sombra, da colección
"Ablativo Absoluto" de Xerais, 1997). E entre
as súa produccións destacan "O devalo
do mar" (1994), "No mesmo espacio" (1995)
ou, nese mesmo ano, "Sotavento dunha singradura".
Membro do Batallón
Literario da Costa da Morte, e do Consello editorial
da Colección de poesía Letras de Cal,
Villar desenvolve a súa tarefa profesional no
servicio de normalización lingüística
da Confederación Intersindical Galega.
|
|