|
Esta
moza nacida en Meirás (Valdoviño) en 1976,
escrebe con ganas e sen descanso. Como froito dese traballo
obtivo o Premio Modesto R. Figueiredo de narracións
curtas en 1998, o Premio Lueiro Rey e o Premio da Casa
de Galicia de Barakaldo, e máis recentemente
compartíu o Premio de Narrativa Manuel Murguía.
Ten publicada unha novela "Eu de maior quero ser
(Sotelo Blanco, 1999) e unha narración súa
está no recopilatorio "Narradoras. 25 autoras
galegas" (Xerais, 2000). Rosa Aneiros tamén
forma parte do Consello editorial da colección
Abismos da Editorial Xerais. Como xornalista colabora
asiduamente con revistas e publicacións, ademais
de traballar como bolseira na sección de Comunicación
do Consello da Cultura Galega, onde leva adiante unha
importante labor de investigación.
Mäis
que como autora vese como "a escribana que relata
o que os presonaxes queren e, sobre todo, me deixan,
cousa en moitos casos incómoda porque nos coñecemos
demasiado.
Como traballos recentes reseña "pequenas
colaboracións con revistas literarias" e
a edición en breve de dúas obras coas
que acadou senllos premios o pasado ano: "Mares de Xabre"
(relato gañador da décima edición
do Certame Manuel Murguía do Concello de Arteixo)
e "Corazóns amolecidos en salitre", (obra gañadora
do Certame Carballo Calero do Concello de Ferrol de
2001).
Actualmente
está a traballar "nunha historia de amor
e loita no Portugal de Salazar" que "non me
atrevería a chamar relato nin novela aínda
porque non sei moi ben que dará de si".
O seu emprego de Internet é "sobre todo,
como forma de comunicación e documentación".
Sinala que "non me gustan os chats nin os foros
pero confésome unha adicta ós correos
electrónicos". Internet é "unha
fonte impresionante de información tanto de actualidade
diaria como outros usos como viaxes, textos históricos...
un océano de datos no que só hai que botar
a cana para obter verdadeiras xoias. Cómodo,
rápido, accesible... e de balde!"
|
|