Manuel Casal Lodeiro
 

Manuel Casal Lodeiro, tamén coñecido como Casdeiro, é un galego nacido en Barakaldo en 1970. Na actualidade e consultor de proxectos en Internet e traballa na empresa basca Integral de Medios.
Un dos pioneiros de Internet en Galicia, participando na fundación das Ciberirmandades da Fala. Ademais, creou e editou o fanzine electrónico "Synapsis", hoxe xa desaparecido, e desde 1996 vén desenvolvendo a Comunidade Virtual Fillos de Galicia, un proxecto que pretende aproveitar as posibilidades da rede para pór en contacto os fillos e netos dos galegos emigrados co seu país natal e coas súas familias.
Para xestionar este espacio creou a Asociación Cultural Fillos de Galicia, que vén de celebrar a súa II Asemblea de socios a través de Internet.
Entre os seus proxectos máis inmediatos está o de consolidar "Fillos de Galicia" para o que está a buscar apoio financeiros nas institucións galegas. Ata o de agora a comunidade veuse sostendo exclusivamente a base de traballo voluntario, convertíndose nun dos sitios webs máis destacados do panorama galego.

Máis información sobre Fillos de Galicia en http://www.fillos.org
Máis información sobre Casdeiro en http://www.simil.com/casdeiro

 
   
 

http://www.ciberirmandade.org

  Outra ONG virtual que loita pola presencia da lingua galega en Internet.

   
 
http://www.multimania.com/questione/
O web definitivo para quen queira informarse sen prexuizos sobre a polémica cuestión normativa
galega.

   
 
http://www.indymedia.org
  Nun mundo onde os medios están concentrados nunhas poucas mans, é imprescindible unha fonte
independente e combativa de información. ¡Que non che coman o coco!

   
 
http://www.kriptopolis.com
  Outro medio fundamental para nos informar sobre os nosos ciberdereitos e aprender a protexelos.

   
 
http://www.monde-diplomatique.fr
  Para os que queren saber realmente qué pasa neste tolo mundo e por qué. Versión on-line, en
varios idiomas, da prestixiosa publicación mensual dirixida polo galego Ignacio Ramonet.

   
 
http://www.altavista.com
  ¡Que carallo do Google..! Para os afeitos á sintaxe complexa: ("lingua galega" OR "idioma galego") NEAR "normativa" AND url:questione ... Se che gustan os motores de procura que teñen en conta os artigos e mais as preposicións, ir ao gran, ou es un veterano dos tempos de altavista.digital.com

 

 

Cultura Galega.org
Inicio /Especiais / Arte / Comunicación / Música / Espectáculos / Historia / Lingua e Literatura / Sociedade /
Certames / Arquivos / Participa / Xénese / Alén da Terra / Zona Cultura / Colaboracións
Correo / Acerca de Cultura Galega.org


Cultura Galega.org é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega
©Consello da Cultura Galega, 2000