|
Este
actor galego está a facerse coñecido nos
últimos anos a través da súas aparicións
nun bo número de produccións realizadas
na nosa terra. Se no último ano participou nas
rodaxes de "O lapis do Carpinteiro", "Ilegal"
ou "O alquimista impaciente", antes xa o puideramos
ver no filme dogma "Era outra vez" ou, aínda
antes, en "Divinas palabras". Ademais, desde
1996 está a chegar ás nosas casas por
televisión mediante a participación en
series coma "Pratos Combinados",
"Mareas Vivas" (onde tivo un personaxe fixo
na tempada do pasado ano), "Pequeno hotel",
"Terra de Miranda", "Galicia Exprés"
ou "El Comisario" entre outras.
Recentemente puidemos velo a pasada Ultranoite de Nadal
na sala Nasa nun sketch acompañado por Dani Méndez.
Ten participado tamén en diferentes curtametraxes
e produccións de video desde 1995 e realizado
numerosos spots publicitarios.
En breve comezará a rodaxe da longametraxe "Días
de voda" de Juan Pinzás e está pendente
de confirmar tres proxectos cinematográficos
máis.
O seu emprego de Internet é fundamentalmente
"para enviar e recibir correo" especialmente
guións, e par servicios concretos coma reservar
billetes de avión, facer operacións bancarias
e buscar informacións concretas, é pouco
dado a navegar ó chou.
|
|