Traballo de Zoraida Marqués para "Identidades"
  Zoraida Marqués
 

Esta fotógrafa naceu en Ponferrada en 1977 e ten participado en diferentes exposicións colectivas, coma "Sen Obxectivo" ou "Por nós mesmas: as mulleres na fotografía" entre outras. A súa obra estivo presente na sección "Novos Valores" da Fotobienal de Vigo co proxecto "Identidades " que se espuxo na edición do ano 2000 na que aportou unha serie de retratos de cegos que poden verse actualmente no Museo do Pobo Galego. Licenciouse recentemente na en Belas Artes na especialidade de deseño e audiovisuais, e en breve comezará o Doutorado de Pintura na Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
O seu último traballo poderá verse o vindeiro mes de febreiro en Caixa Galicia. Trátase da serie "Eu quero ser..." integrada dentro dunha mostra colectiva sobre a terceira idade. Nesta serie, Zoraida retrata a aproximadamente unha ducia de anciáns caracterizados da profesión que soñaban e á que non puideron chegar.
Ademais, está a participar nun proxecto sobre web que constituirá, segundo Zoraida, "unha enciclopedia de soños". Neste espacio en Internet recollense soños de diferentes persoas ó tempo que se pode ver o cuarto do correspondente soñador.
Para Zoraida Internet é fundamentalmente unha ferramenta de comunicación coa xente e un xeito de consultar información, pero sobre todo, emprega a rede para estar ó tanto das últimas novidades en deseño web.

 
   
 
http://www.sitioweb.com/eds/
A Enciclopedia de soños. A máis preferida e a que máis me fixo sufrir, agardo que vos guste, por certo podes enviar o teu soño desde a páxina, asi que agardo a vosa participación.
 
   
 

http://www.p2.com

  Gústame esta páxina polo seu deseño

   
 
http://www.metadesign.com
Estoutra tamén a elexín por como está deseñada

   
 
http://www.pacific.adobe.com:80/web/features/carson/main.html/
  Páxina sobre o que eu considero un dos mellores deseñadores, David Carson

   
 
http://www.davidbowie.com/
  Páxina oficial do cantante David Bowie. Interesante polo deseño coidado da web. Moi dinámica.

   
 
http://www.goblindesign.com
  Está tamén está entre as miñas páxinas web favoritas

   
 
http://www.typognomics.com
  Sitio ideado e deseñado por alumnos da Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Moi orixinal, con vencellos a outras webs de outros autores, deseño experimental para a rede, textos sobre cibercultura, audiovisual, foros...

   
 
http://www.softonic.com
  Baixar programas de internet pode ser moi útil e faise doado desde este sitio. Programas para PC e Mac.

   
 
http://www.downloads.com
  Outra páxina na que podes conseguir moitos programas para baixar ó ordenador

   
 
http://www.google.com
  "O MELLOR" buscador de Internet, rápido e eficaz

   
 
http://www.sitioweb.com
  Web sobre arte na rede, con traballos de artistas realizados exclusivamente para este medio, textos sobre arte e cultura dixital e onde se albergará a nosa "Enciclopedia de sonos". Deseño moi orixinal e con moitas posibilidades de interacción.

 

 

Cultura Galega.org
Inicio /Especiais / Arte / Comunicación / Música / Espectáculos / Historia / Lingua e Literatura / Sociedade /
Certames / Arquivos / Participa / Xénese / Alén da Terra / Zona Cultura / Colaboracións
Correo / Acerca de Cultura Galega.org


Cultura Galega.org é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega
©Consello da Cultura Galega, 2000