Este
coruñés de 43 anos abandoou os seus estudios
de Arquitectura en quinto curso para adicarse ó
mundo da banda deseñada, no que se iniciou en
1979 coa fundación do Fanzine "Xofre".
Desde entón o seu nome estivo ligado ás
revistas do xénero como Creepy, Comix Internacional
ou Zona84. Pero houbo que agardar a 1985 para ver o
seu primeiro álbum en solitario "Fragmentos
da Enciclopedia Délfica", ó que lle
seguiría "Stratos" (1987), "Tanxencias"
e "Trazo de xiz" (1990) o que foi o seu traballo
máis laureado e con maior proxección internaional.
A
súa proxección trascende máis alá
das nosas fronteiras, desde hai tempo e co apoio de
factorías e nomes importantes do mundo da animación
. De feito, en 1998 foi requerido pola americana Dreamworks
para deseñar os persoaxes da serie de animación
"Men in Black". Hoxe en día traballa
nun libro para Dargaus incluído dentro da colección
"Les correspondences", cun texto de Pierre
Christin. Ó mesmo tempo está preparando
un libro propio para Albin Michel, un libro para o "Proxecto
Terra" do Colexio de Arquitectos de Galicia e outro
sobre a cidade de Belo Horizonte (Brasil).
No
seu mundo diario, a Internet xoga un papel de vía
de comunicación que se apoia maiormente no correo
electrónico. Para Miguelanxo Prado a rede é
de utilidade á hora de buscar informacións
concretas, de feito confesa que non lle "gusta
navegar por navegar".
Mais información en Banda
Deseñada
|