|
Naceu
en A Coruña en 1974. Escritor e guionista. É productor
de CulturaGalega.Org e editor da Polaqia.
Tén traballado como guionista e redactor para múltiples
medios: cómic (La Factoría de Ideas, Madrid), cine (Vía
Láctea Filmes, Vigo), video-xogos (Imaxín
Software, Santiago), televisión (Xabarín Club, TVG),
radio (Cadena Ser - Radio Coruña), prensa escrita (Planeta
de Agostini, Barcelona; Undercómic, Madrid) e internet
(Bravú.Net; ElFoco.Com, Synapsis Webzine).
Na
actualidade Kike Benlloch prepara diversos proxectos
de Banda Deseñada en colaboración con artistas como
David Rubín, Alberto Vázquez, Bernal Prieto, e Jano
Viñuela, algúns para o proxecto de autopublicación Polaqia
e outros para editores externos. Con Jano prepara unha
serie de BD electrónica que publicará Bravu.Net; con
Bernal traballa en historias para a revista galega de
cómic BD Banda. Noutros campos, Kike traballa na actualidade
con David Gómez e Hugo Paradela no proxecto multimedia
Monty Entertainment, o resultado máis inmediato do cal
serán unha serie de curtametraxes. No eido da música,
Kike colabora con M
Glon na preparación de dous proxectos paralelos.
Mais información en Banda
Deseñada e na súa páxina
persoal
|
|