|
|
|
|
Licenciado en Bioloxía, é sen embargo
a súa actividade como narrador a que lle deu
máis fama no país. Ten publicado obras
coma "Ártico e outros mares" (Premio
da Crítica Española), "Ringside",
"Diarios dun nómada", "O paso
do noroeste" ou "Malaria Sentimental".
No mes de decembro Xerais publicará "O ladrón
de esperma", un libro de relatos que obtivo o premio
Café Dublín de Narrativa Breve no ano
2000. Proximamente sairá á rúa
"Glosarios", un poemario que editará
Espiral Maior.
Actualmente Queipo desenvolve o seu labor profesional
en Bruxelas, onde leva a coordinación da inspección
de pesca comunitaria no Atlántico Norte. Desde
alí prepara os seus próximos proxectos,
que van desde a participación nunha antoloxía
de narradores dos noventa, a unha colección de
relatos xa case rematada ou, máis a longo prazo,
a escrita dunha colección de relatos de aventura.
Emprega Internet fundamentalmente para ler os xornais
galegos e para facer buscas de tipo profesionais e acceder
a bases de datos. Tamén a diversión está
presente no seu emprego da rede "cando os amigos
me suxiren un enderezo musical ou de lecer".
|
|
|
|
|
|
|
|
Contén
información sobre os programas da FAO,
as bases estatísticas e os textos básicos
(código de conducta para a pesca responsable,
informe sobre o estado das pesquerías
do mundo, etc...) Está en inglés,
pero hai versións en francés
e castelán. |
|
|
|
|
|
|
|
Presenta
unha información cultural referida
a unha certa vangarda (só a un sector
específico da vangarda) nacionalista. |
|
|
|
|
|
|
|
Ofrece
unha información interesante sobre
a actualidade cultural e política da
Galiza. De moita relevancia para os que habitamos
no estranxeiro como é o meu caso. |
|
|
|
|
|
|
|
É
a páxina do National Marine Fishers
Service dos EE.UU, interesante para coñecer
a lexislación americana en materia
de pesca (Marine Mammals Protection Act, Magnuson
Fishery Conservation and Management Act,...),
as especies en perigo, os plans de recuperación,
o estado do tempo nos océanos, etc... |
|
|
|
|
|
|
|
Ofrece
unha información independente sobre
a actualidade cultural e política da
Galiza (o que é ben raro no país),
con foros de opinión interesantes e
unha periodicidade razonable na actualización
dos contidos. |
|
|
|
|
|
|
|
Ofrece
unha actualización regular de noticias
e opinións sobre acontecementos de
carácter mundial visto desde o punto
de vista dos movementos antiglobalización. |
|
|
|
|
|