|
|
|
|
Mar Llinares (O Pindo- Carnota, 1961) é profesora
de Prehistoria na Universidade de Santiago, onde se
doctorou en Xeografía e Historia en 1989. É
unha das principais investigadoras dos aspectos antropolóxicos
da nosa historia, de feito os seus traballos sobre o
mundo mítico da cultura popular galega constitúen
unha das orientacións principais do seu traballo.
En 1990 publica o libro "Mouros, ánimas
e demonios". Tamén ten publicado "Os
mouros no imaxinario popular galego", e "El
imaginario popular gallego". Tamén ten traballos
publicados sobre a historia das mulleres (na revista
Gallaecia e no Consello da Cultura Galega).
Na actualidade Mar Llinares está incluída
en proxectos relacionados co patrimonio etnográfico,
ten pendente de publicación un artigo de crítica
ó tratamento que fai a lei de patrimonio sobre
os aspectos etnográfico e inmaterial da cultura,
tamén está a desenvolver un estudio sobre
a casa galega no que tenta plasmar a influencia dos
cambios socioeconómicos na estructura da casa
campesiña.
Mar Llinares recoñece que usa Internet para cousas
moi concretas, non adoita navegar errante pola rede.
Asegura que Internet lle sirve para consultar referencias
bibliográficas, pero que prefire os libros en
papel como material de estudio, "non creo que haxa
que perder a cabeza cos ordenadores", asegura a
doutora, mentres recoñece que o correo electrónico
é unha ferramenta estupenda, "pero non un
fin en si mesmo", apresúrase en dicir.
Unha das teimas desta investigadora é levar a
fin un estudio sobre ó tratamento do corpo feminino
na cultura popular. Unha teima que ela mesma recoñece
que "ven de lonxe e vai para longo, xa que precisa
de moito tempo e traballo de campo". O seu interese
neste tema, baséase no tratamento que secularmente
tivo o corpo da muller como un obxecto "perigoso
e contaminante"- di Mar llinares- "do que
as veces ata se dicía que unha muller non podía
facer maionesa mentres estaba coa menstruación,
xa que se lle cortaba". Mar ten seguro que pensa
rematar este traballo nalgún momento, "cando
teña tempo".
|
|
|
|
|
|
|
|
É
unha páxina que contén o traballo
de recollida de lendas, contos, historias
de tradición oral en xeral en Galicia,
realizada por a Asociación Cultural
Conversas (toda a información se recolle
na páxina). Alguén me recomendou
esta páxina, pero non consigo recordar
quen. O especial encanto (e tamén utilidade,
se nos interesan asuntos como as variantes
idiomáticas, etc.), é a posibilidade
de escoitar directamente as gravacións,
o que permitirá ás persoas que
as escoiten darse conta da beleza que ten
o traballo de campo e o contacto persoal coa
xente. |
|
|
|
|
|
[Museo]
[Atapuerca]
|
|
Estas
dúas páxinas foron expresamente
buscadas por asuntos relacionados coa miña
docencia. Os alumnos coñecen polos
medios de comunicación os traballos
de Atapuerca, e a experiencia de reconstrucción
da cova de Altamira para permitir a súa
visita e estudio sen danar as pinturas orixinais
permíteme introducir temas relacionados
precisamente co patrimonio, que está
agora tan de moda. A páxina de Altamira
promete algunhas cousas máis que parece
que teñen sen facer. |
|
|
|
|
|
|
|
Esta
páxina responde xa ós meus intereses
persoais, aínda que relacionados coa
miña actividade investigadora. Recolle
direccións relacionadas con música,
museus, publicacións, etc., relativas
ó que se chama, a falta de algo mellor,
Òculturas etnográficasÓ. Aínda
que non teño coñecementos específicos
de música, interésanme moito
as formas musicais propias de culturas alleas
á miña, así como as formas
artísticas, e sobre todo os desenvolvementos
artísticos novedosos a partir de formas
tradicionais. |
|
|
|
|
|
|
|
Esto
é claramente facer patria. Respecto
da propaganda que pretende que se visite esta
zona, invádeme unha sensación
contradictoria: gústame que a xente
veña e vexa, pero tamén me da
un pouco de medo que non se controle e se
estrague precisamente o que ten de fermoso
este val. |
|
|
|
|
|