Ramom Nogueira
Dinaweb Networks s.l.
 


Falar de Ramom Nogueira é falar dun nome moi vencellado á Internet en Galicia. Director xeral de Dinaweb Networks e de Dinahosting, este ourensán de 35 anos ten un amplo curriculum en experiencias pioneiras en Internet. Creador do portal U-lo, foi o promotor e o primeiro Presidente de Eganet, é ciberirmandiño das ciberirmandades da Fala e promotor do proxecto Alfa. A el se lle deben tamén as I Xornadas de Economía Dixital Galega e a organización dos Last Friday en Galicia.

Un curriculum que non para de medrar xa que, segundo el, actualmente "o mercado da inet (a Internet) non entende de fronteiras nin de horarios comerciais, está aberto as 24 horas e o grao de esixencia é moi elevado". A súa filosofía: "click ou non click, esa é a cuestión".

E como o mercado da inet non para, Ramom Nogueira tampoco. Traballa cun portátil, usa un móbil e un pda. Está localizado case todo o día, polo que a inet é moito máis que un obxecto de traballo, parte da súa vida. De feito, afirma "a nivel persoal o 90% das persoas que coñezo desde hai tres anos coñecinas por inet, reencontrándome con amigos espallados polo mundo tanto en Nova York como en Mauritania". Para os que obxectan que é un medio frío, Ramom di "é un medio e mellora as comunicacións. Nunca substituirá as relacións persoais pero si as mellorará".


 
   
 
http://www.ciberpunk.com/biblioteca/99858537663997.html
  Declaración de Independencia del Ciberespacio de John Perry Barlow, toda unha declaración de principios dun mundo novo :-)

   
 
http://www.sfdt.com
  Un site impresionante onde se poden ver as posibilidades dun cerebro usando un ordenador.

   
 
http://www.kimble.org
  Un cracker reconvertido en novo rico, eticamente reprobable, expulsado do Chaos Computer Club, pero que boa compaña consigue..... (ver fotos) ;-)

   
 
http://www.nodo50.org
  Información sen censuras nin manipulacións para cambiar o mundo.

   
 
http://www.deathclock.com
  Todas feren a derradeira mata, para coñecer o día e hora da túa morte. A min sáeme o dia "Sunday, June 8, 2053" quédanme.....1,627,586,520 "seconds to die", quedas convidado para tal evento. XD

   
 
http://www.galizalivre.org
  A liberdade galega na rede sen censuras nin manipulacións.


   
 
http://www.hotornot.com
  Eu teño un 8,5 e se queres contactar xa sabes...
mira canto te puntan!

   
 
http://charges.zip.net
  Flashes brasileiros para animar o día

   
 
http://games.sohu.com/fightgame/fight3.swf
  Zen puro, abstenerse inimigos da violencia

 

 

Cultura Galega.org
Inicio /Especiais / Arte / Comunicación / Música / Espectáculos / Historia / Lingua e Literatura / Sociedade /
Certames / Arquivos / Participa / Xénese / Alén da Terra / Zona Cultura / Colaboracións
Correo / Acerca de Cultura Galega.org


Cultura Galega.org é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega
©Consello da Cultura Galega, 2000