Santiago Jaureguizar
 


Santiago Jaureguizar naceu en 1965 en Bilbao e desde hai xa anos vén traballando coma xornalista en "El Progreso" de Lugo. A súa carreira coma literato vén marcada pola ruptura das convencións con obras coma "Fridom spik", "Comendo espaguetis diante da televisión", "As horas sucias" e "Breve crónica universal da clase obreira", (que se publicará en breve), todas elas cun forte compoñente vangardista encadrado no movemento Bravú. É autor tamén de tres novelas xuvenís e ten sido pioneiro na introducción da literatura galega na rede con proxectos coma "Familia feliz" en Vieiros.com ou a web Infimos.net. Tamén ocupa o posto de "vocalizador" en Elvicristo Machine, grupo de narrativa trip-hop.

A súa última novela editada é "As horas sucias" (Xerais), que trata "sobre un xornalistas comprador compulsivo de colchóns que, para manter a súa carreira, planea o secuestro do escritor Manuel Rivas". Para o mes de decembro está prevista a publicación "Breve crónica universal da clase obreira", coa que vén de obter o premio Lueiro Rey.
Como proxectos a curto prazo está pendente da edición da obra de teatro "Estación Mir" na editora luguesa Tris Tram. A obra "vai dun cosmonauta que viaxa á Mir e acaba nunha estación de tren". Tamén está a desenvolver sobre unha nova novela negra.

Navega sistematicamente pola rede "vintecinco das vintecatro horas do días". Emprega internet "Para informarme do que acontece, para buscar dados que me axuden no meu traballo de xornalista, para ler e difundir literatura, para comunicarme cos meus amigos e pelexar cos meus inimigos, para comprar camisetas, para procurar libros, para notificar cousas ó banco, para pasar o tempo..".

.


 
   
 
http://www.wumingfoundation.com
  Trátase da páxina do colectico Wu Ming ( "Sen nome"). Son catro tipos de Bolonia que se xuntaron no 94 para combater a globalización e inventar noticias falsas, que foron ampliamente recollidas pola presa italiana. Antes chamáronse "Luther Bisset", en homenaxe ó peor xogador do seu equipo. Baixo ese seudónimo publicaron o exito editorial "Q".

   
 
http://www.geocities.com/modestyarbor/ellroystore.htm
  Todo sobre o tolo ó que máis lle gusta facerse o tolo da literatura negra. A Súa Diabólica Maxestade James Ellroy.

   
 
http://www.lawrenceblock.com/index framesetfl.htm
  Outro ó que escribe negra. Divertido e elegante. A páxina está ateigada de voces e imaxes curiosas.

   
 
http://www.multimania.com/lepoulpe/
  Os franceses son como son, pero tamén teñen negro o corazón. Unha morea de escritores puxo en marcha un proxecto de moitas novelas personais cunha única personaxe: O Polbo

   
 
http://www.infimos.net
  Permitídeme presentarvos un producto caseiro cen por cen. Eu e máis o delirante deseñador chantadino Marcos Sánchez con sede lugo/londinense mantemos a páxina máis pequecha da literatura galega. Procuramos contos de menos de 149 caracteres. Hai unha boa ringleira de colaboradores, pero nada é suficiente para que medremos un chisquiño.

   
 
http://www.bravu.net
  Imprescindible para saber o que se coce na cultura galega e non é polbo. Mantén un foro ( E tí que? ) moi vivaz.


   
 
http://www.attac.org
  Un pulo a prol da xustiza social internacional

   
 
http://www.indimedia.org
  Información aportada por militantes antiglobalización. Non sempre fiable polo limitado dos seus medios, pero sempre interesante.

 

 
 

Cultura Galega.org
Inicio /Especiais / Arte / Comunicación / Música / Espectáculos / Historia / Lingua e Literatura / Sociedade /
Certames / Arquivos / Participa / Xénese / Alén da Terra / Zona Cultura / Colaboracións
Correo / Acerca de Cultura Galega.org


Cultura Galega.org é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega
©Consello da Cultura Galega, 2000