Os inventores son, para moitos, aqueles que conseguen aplicar os
coñecementos que acadan antes os investigadores, e facelo dun xeito
práctico e útil dun xeito inmediato, son aqueles que transforman
o saber en máquina.
Mergullándonos entre os nomes da historia máis achegada a nós atopamos
exemplos de inventores do máis chamativo e sorprendente, algúns
deles conseguiron a fama, outros quedaron relegados ó olvido case
xeral, algúns aínda viven e os seus inventos forman parte da nosa
vida cotián.
O
inventor barroco
A obra artística de Domingo Antonio de Andrade (Cee, 1639 - Santiago
de Compostela, 1712) é ben coñecida e levou ó seu nome a ter unha
sona internacional. A este arquitecto e mestre de obras da catedral
de Santiago débelle o Barroco galego, adenáis de ó
posterior Fernando Casas e Novoa, á sua máxima expresión deixando
o panorama urbano de Compostela inzado de mostras magníficas deste
estilo como a torre da Berenguela ou a triple escaleira de caracol
do museo do pobo galego. Non é coñecida nembargantes a súa actividade
como inventor.
Motivado
sen dúbida por un pensamento total próximo ó de grandes inventores
como Leonardo da Vinci, Domingo de Andrade atopou aplicacións militares
para as súas ideas de enxeñería. Na correspondencia que Andrade
mantiña con outros persoeiros do seu tempo fai mención destas e
de outras ideas, algunha das casi chega a detallar. Nunha carta
a don Ginés Fernández de Castro no ano 1696, informaba sobre unha
serie de inventos que fixera e que consideraba válidos, nuns casos,
no ámbito político e, noutros, desde un punto de vista bélico.
No curso das súas achegas e investigacións
Andrade publica en 1695 unhas disertacións en pro dos novos
conceptos da arquitectura e do papel do arquitecto profesional,
Excelencias, Antiguedad y Nobleza de la Arquitectura, un gran tratado
do seu saber nesa disciplina onde Andrade xa dedica unha reflexión
sobre maquinaria militar e anuncia a próxima publicación dun "tratadillo
de instrumentos para la Militar" no que informaría sobre armas e
maquinaria militar, tratado que incluiría demostracións de máquinas
e estampas das mesmas. Andrade aclara que algunhas desas máquinas
da súa invención eran "...como se puede minar, ò dàr fuego à vna
muralla muralla debaxo del agua con hornillos. (...) Otra para passar
vn rio por debaxo del agua sin ser visto, ni sentido del enemigo,
ò dàr barreno, ò pegar un petardo a vn navio para abrirle el costado,
ò junto à la quilla". Inventos estes que parecen precursores dun
aparello sumerxible ou dunha mina mariña e dos que non se ten coñecemento
xa que estes documentos ou non se chegaron a publicar ou desapareceron.
Domingo de Andrade deseñou a escaleira do Museo do Pobo
Do
mesmo ano é unha carta dirixida ó XI Conde de Lemos na que Andrade
fai partícipe ó nobre dunha receita para fabricar bombas, dando
todo luxo de detalles. Baixo o ilustrativo título "Para hacer bombas
que con lo que se les pone dentro caussen peste dentro de la plaça",
Andrade fai unha descripción paso a paso que paga a pena ler literalmente:
"Después de aparejada la bomba se le ponen vnos poluos o animalejos
que causan peste. Lo primero se cogen sapos, slamandras, culebras
y viboras, las quales se echan en una olla o ollas (...) se ponen
en vn horno a fuego lento con que se hagan poluos sin que se quemen
demasiado, porque no pierdan con el demasiado fuego lo que tienen
de su naturaleça, y despues se hacen poluos meneando los dichos
animales a vn lado y a otro sin destaparlos." A esta mistura Andrade
engadía espiñas e alquitrán, así como un aviso ó manipulador para
que tivera a man un contraveneno e as instruccións de carga do morteiro
que debería disparar esta bomba. Remata esta carta Domingo de Andrade
advertindo ó Conde de Lemos da confidencialidade deste invento "todas
las particularidades que escribo solo es para V.E., assi de las
passadas como desta para que hallandose visrey de algun reyno y
hubiere guerra se vse dellas."
O
Reloxeiro Lombardero
Cun xeito de pensar coincidente coa Ilustración podemos atopar a
outro inventor galego: Fernández Lombardero. Máis coñecido como
"o ilustre reloxeiro Lombardero" este home, primo do Marqués de
Sargadelos, naceu no lugar de Vilarpescozo, concello de Ribeira
de Piquín, en Lugo arredor do ano 1705.
Pertencente a unha saga de reloxeiros, Francisco Antonio Lombardero
fíxose moi coñecido por ter inventado un mecanismo para impedir
adiantos e atrasos nos reloxos, que naquel momento non posuían esa
precisión , o seu mecanismo, coñecido como sistema inglés, inspirado
nos enxeños traídos polos mariños ingleses ó porto de Ribadeo, fíxose
coñecido en toda Europa e aínda hoxe os reloxos feitos por este
artesán posúen un gran valor no mercado das antiguidades.
Xustamente o reloxo do concello da vila de Ribadeo, así como o da
cidade de Lugo, son mecanismos fabricados por este singular e polifacético
home que, do mesmo xeito que Leonardo da Vinci, escribía e debuxaba
de xeito inverso, para que tiveran que ser vistos a través dun espello.
Non é esta a única coincidencia entre o artista italiano e este
lugués, levado tamén por ese fascinamento de voar tentou facelo
construindo coa axuda do seu pai un rudimentario enxeño con que
se botou ó aire desde as Penas de Cartea. Como resultado daquel
intento o teimudo e creativo Lombardero rompeu as dúas pernas.
Casa
dos Lombardero
Tamén
se fixo coñecido Fernández Lombardero polos seus autómatas, xoguetes
mecánicos que naquel momento causaban admiración nas cortes de Europa.
Entre a lenda que rodea a Lombardero fálase dun destes autómatas:
un cabalo mecánico que tiña a capacidade de asisitir el só a misa.
Da saga dos Lombardero só queda a que foi a súa casa, usada hoxe
en día como hospedaxe de turismo rural.
O
mariñeiro do aire
Facer un enxeño que voara polos aires era unha das principais ocupacións
dos excéntricos ilustrados do século XVIII. E iso foi o que lle
pasou a un misterioso correspondente de Francisco del Valle Inclán,
o editor de El Catón Compostelano, o primeiro xornal galego, que
veu a luz en Compostela no ano 1800.
Valle Inclán era un excéntrico e estrafalario bibliotecario da Universidade
de Santiago e, como ben indica o seu apelido, tío avó do xenial
autor de Luces de Bohemia. No número 6 de El Catón, Valle Inclán
publica unha carta dun misterioso correspondente que respondía ó
seudónimo de El Marinero del Ayre.
El
Marinero del Ayre escribe dende un lugar oculto, para librarse de
curiosos, lonxe de Santiago, onde estaba a fabricar unha "embarcación
para navegar polo aire", capaz de ir "máis rápido que un corvo"
e de aterrar en calquer parte. "Non faltaron cabaleiros que viñeran
a examinala sinaladamente, a quen debo a honra de que me visitaran
e ofreceran grandes premios", di orgulloso o inventor, quen debeu
entrar nunha grave crise por causa dos problemas da máquina, xa
que explica que "varios negocios, e sobre todo o quebranto da miña
saúde, impedíronme concluir esta obra" ata o momento. O mariñeiro
do aire levaba dende 1777 traballando na súa máquina, e ía pola
sexta versión do enxeño, e xa non quedaban cartos nin para a tela
das alas do barco aéreo.
O
misterioso Mariñeiro do Ayre despídese dos lectores cunha triste
recordo ós paisanos: "Agardo dar a todos en breve probas de que
a miña empresa, ademais de non ser imposible, é bastante fácil;
pero sempre terei o sentimento de non podelo facer ver ós meus Compostelanos,
polo moito que dista dese país o meu retiro, dende onde os saúdo,
quedando á disposición das Vosas Mercés". ¿Un inventor real?¿Ou
sería O Mariñeiro do Aire un trasunto de Francisco del Valle Inclán,
que tiña gañas de darlle temas de conversa á aburrida e pequena
Compostela de finais do XVIII?
O
habilidoso Sanjurjo
O 11 de agosto de 1898, mentres España está a manter unha dura guerra
cos EEUU por Cuba e a situación do momento xa ten descontentos a
todos os que contaban con que aquela era unha loita gañada, no porto
de Vigo realízase a primeira proba dunha arma que o seu creador
Antonio Sanjurjo daba en chamar "boya submarina".
Antonio
Sanjurjo Badía nacera en Sada no ano 1837, onde aprendeo o oficio
mecánico do seu pai, nun taller de fundición e reloxería. Tan ben
o fai o rapaz que na súa vila dan en chamalo "El Habilidades". Xa
crecido vese forzado á emigración por causas económicas e marcha
para a Habana. Alí monta uns talleres cos que fai capital para voltar
a Galicia e instalarse en Vigo cun taller ó que chamaría "La Industriosa".
Durante o derradeiro tercio do século XIX participará como técnico
na montaxe de grande parte das industrias da Ría de Vigo. Co paso
do tempo "la Industriosa" chegou a ter máis de douscentos operarios
e alí construiuse a primeira máquina e caldeira de vapor de Galicia.
Durante a guerra de Cuba Antonio Sanjurjo, como outros moitos, está
convencido da inminencia dun ataque americano contra as costas españolas.
Esta idea o impulsou a idear un enxeño submarino para a defensa
das costas que el mesmo costruiría nos seus talleres.
O día da proba o aparello, armado con dúas minas de contacto enganchadas
en dúas pértigas de trece metros, e con tres homes no seu interior
(incluído o inventor). Durante unha hora e trinta minútos seguidos
, e despois durante outros corentaecinco minutos, baixando ata vinte
metros de cota, aínda que cunha profundade de sete metros. A velocidae
é de dous nudos. O aparello de 5,20 metros de eslora e máis de catro
toneladas custaba daquela 16.000 pesetas (da época) e a proba é
todo un éxito e o aotodidacta Antonio Sanjurjo sae triunfante.
Antonio
Sanjurjo saíndo do submarino na ría de Vigo
A
casualidade quere que ó día seguinte, o 12 de agosto de 1898, en
París se asine o tratado de paz que seguíu á derrota. As probas
do aparello quedan en suspenso e o submarino volve á fábirca da
que saiu, a "La Industriosa" onde hoxe en día está aínda para admiración
de todos conservado polos seus fillos e netos como homenaxe a este
home adiantado, enxeñoso e "habil".
Inventor
poeta
A casualidade levou ó poeta Alexandre Campos (Fisterra, 1919) a
convertirse en inventor dun dos obxectos máis cotiáns que hoxe estamos
afeitos a ver: o futbolín. Corría o ano 1936, no inicio da guerra
civil o xoven Alejandro loitaba desde o Exercito Popular da República
contra os golpistas. Ferido en campaña o trasladan a un hospital
de Montserrat. Alí, enternecido ó ver os rapaces que non podían
entreterse xogando ó futbol por estar mutilados ou feridos, tenta
achar o xeito de consolalos. Alexandre era un gran afecionado ó
ping-pong e uníu as súas ideas na precura dun "futbol de mesa" co
que aqueles rapaces puideran xogar. Daquelas reflexións saíu un
rudimentario futbolín, que logo iríase perfeccionando a medida que
se ía popularizando. Aleixandre despois fai un percorrido vital
que o leva a África, de novo a Fisterra, e despois a Francia (onde
toma o nome Alexandre Finisterre) e por outros países de Europa,
segue a dedicarse á poesía, escribindo onde pode. En 1952 emigra
a México e en 1956 pasa a Guatemala onde deixa a poesía como xeito
de vida e monta unha fábrica de futbolíns. O seu invento xa estaba
sobradamente distribuido e comercializado en todo o mundo por outros
fabricantes para entón. En 1975 volve a España, o deteñen e o liberan
deseguida, dende entón vive entre Ourense, París e México.
|