RITUAIS
Unha galería fotográfica de Víctor Vaqueiro
Vítor
Vaqueiro (Vigo, 1948) estudiou Ciencias Químicas na Universidade
de Santiago e despois duns anos de exercicio docente no ensino medio
decidiu dedicarse á fotografía, unha actividade en
torno á cal impulsou numerosas actividades. A súa
andaina literaria está marcada pola poesía, xénero
que cultivou case en exclusiva durante os 80 e ó que legou
títulos como Lideiras entre a paisaxe (1979). O seu primeiro
libro de narracións foi O soño dirixido (1992). Nos
últimos anos desenvolveu un importante traballo no eido da
divulgación, froito do cal son os libros Guía das
festas populares de Galicia (1997, en colaboración con X.
M. González Reboredo) e Guía da Galiza maxica (1998).
Estas imaxes están seleccionadas do libro de Vítor
Vaqueiro Rituais, publicado polo Consello da Cultura Galega
en Santiago, no 2000
|