"CICLO LUNAR "

O folk galego está de aniversario. E é que o un dos grupos máis veteranos, "Na lúa", cumpre vinte anos. E dentro deste mundo tan fugaz resulta canto menos significativo unha lonxevidade tan pouco habitual. Xunto con Milladoiro, Fía na Roca, Amerguín, Doa, ou Brath, Na Lúa son os petrucios do folk en Galicia. Cos seus vinte anos levan 7 traballos no mercado e un recopilatorio (As fases de na lúa, Boa Music 2001) e unha innumerable lista de colaboracións. Co gallo desta celebración, desde culturagalega.org quixemos seguir o seu ciclo lunar. Un percorrido polas diferentes fases desta lúa que acompañaron e musicaron moitos momentos da nosa vida.

ESCOITA O QUE FOI A SEU TRABALLO NO TEMPO
NA LUA ...........................
ONDAS NO MAR DE VIGO
FEITIZO..........................

........................................
ESTRELA DE MAIO
........
[02.]
[04.]
[01.]
[06.]
[11.]
" Dublín-Coimbra".1985
" Mazurca de outubro".1997
" Dúas irmas".1999
" Para facer un feitizo". 1999
" A estrela de maio". 2000

COAS FASES DA LÚA

A historia de Na Lúa é como a historia da propia lúa que medra, enche e mingua de xeito cíclico. E por outra banda porque non existe unha "Na Lúa" uniforme senón con moitas facetas, tantas coma as propias fases que poida ter a propia lúa. Iniciamos o noso ciclo.


CUARTO CRECENTE

Vinte anos que non foron un camiño de rosas. A vida musical de "Na Lúa" está chea de nomes e de personaxes coñecidas do panorama sonoro en Galicia. Nomes que estiveron e xa non están vencellados a esta esfera lunar. E que "Na Lúa" foi, é, e seguirá sendo, unha formación que rexeitou esta visión grupal e unitaria dun proxecto inamobible, que non deixase lucir as xenialidades (porque en verdade que as houbo, e as hai) de cada un dos integrantes do grupo.

E neste ciclo lunar, houbo moitos, moitos nomes que chegaron e se foron. Xentes que dalgún ou doutro xeito aínda permanecen dentro da historia de "Na Lúa".

Colaboracións musicais e literarias, improvisacións e bos momentos que aportaron o seu gran de area desta formación en constante crecemento. Fausto, Julio Pereira, Maite Dono, Aloia, Muxicas, Treixaduras, Isaac Palacín de Berrogüeto, Luís Correa de Carunchos, Soto de Siniestro Total.... tantos e tantos músicos. E xunto a eles... os literatos. Manuel Forcadela, Ramiro Fonte, X. M. Álvarez Cáccamo, Antón Reixa, Román Raña, Xosé Miranda ou Manolo Rivas, entre otros, os que prestaron as súas plumas e as súas verbas a disposición do folk.


LÚA CHEA


Sete traballos e innumerables colaboracións forman parte do curriculum vitae desta formación que presentou estilos ben diferentes, mesturas, adaptacións ós momentos musicais da época que lles tocou vivir.

Unha discografía que está formada por sete traballos desde que en outono de 1980 se botasen a andar. ("Na Lúa". Edigal, 1985; "Peliqueiro". Sons Galiza, 1995, "A Estrela de maio". Edigal, 1987; "Os tempos son chegados". Edicións Dofol, 1997; "Ondas do mar de Vigo". Dofol-Edicións, 1989.- Nova edición, 1997-; "Feitizo". Edicións Dofol, 1999; "Contradanza". Sons Galiza, 1991).

Pero en todo este explendor non presentou a formación un carácter uniforme. "Na Lúa" ten unha cara festiva, un lado que se achega ó fado portugués, que sofre das influencias celtas inspiradas noutros países europeos, que acolleu ritmos do jazz, que amosou de vez en cando un xesto lírico para rematar cun feitizo, cunha maxia e ocultación que o convirte na última referencia do panorama do folk.



CUARTO MINGUANTE

Pero a historia de Na Lúa está chea tamén de altos e de baixos. De subidas e de baixadas, como eles memos recordan, como o mito da Ave Fénix. E nesas baixadas están os tempos de silencio entre disco e disco.

É manter unha traxectoria tan lonxeva é difícil. Sobre todo dentro do fugaz que é o panorama musical no que os grupos proliferan como cogumelos e desaparecen coa mesma rapidez coa que xorden.

 

Por todo isto "Na Lúa" é máis que unha agrupación de músicos, é o símbolo de toda unha órbita: a da xeneración musical galega contemporánea. Que reinterpretou sons pasados e adaptou ós novos tempos. Vinte anos de creación, de evolución, pero sobre todo de música.



Enlaces relacionados:

Web do grupo NA LÚA

"As fases de Na Lúa" o novo disco en BOA-Music

 

 

 
 
 

Cultura Galega.org
Inicio /Especiais / Arte / Comunicación / Música / Espectáculos / Historia / Lingua e Literatura / Sociedade /
Certames / Arquivos / Participa / Xénese / Alén da Terra / Zona Cultura / Colaboracións
Correo / Acerca de Cultura Galega.org


Cultura Galega.org é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega
©Consello da Cultura Galega, 2000