"No
Caribe non se celebra a historia porque non existe unha historia
anterior. A nosa historia é a da escravitude e das prantacións",
afirma Walcott, "e iso fai que o meu concepto do que é
a historia e a cultura non se perciba igual. Cando chego a Europa
e paso por unha gran catedral, non sinto ningún tipo de identificación.
Podo ter algún sentimento máis ou menos sacral, pero
nada máis". O propio Walcott é unha mestura
de sangues: holandesas, con dúas avoas que foron escravas,
a súa visión é moitas veces relativista.
Hoxe vive en
Trinidad e exerce de profesor na Universidade de Boston. Naceu na
illa de Santa Lucía, unha das illas de Barlovento das Antillas.
Vivir a nenez nunha pequena e solitaria illa, con marcada actividade
volcánica, forxou carácter e escritura. Escritura
que comparte entre os poemas e unha tamén intensa actividade
como dramaturgo. O xurado do Nóbel do 92 chegoulle por
"unha obra poética de gran luminosidade, sustentada
por unha visión histórica, resultado dun compromiso
multicultural".
Walcott amosa
un pequeno sorriso cando alguén lle pregunta se percibe a
herdanza europea entre as pedras do Hostal dos Reis Católicos,
en Santiago, onde se atopa: "Coido que a nosa historia son
os ríos, o mar e o bosque. E, en certo xeito, todo isto de
faltarnos a historia é moito máis positivo. Iso fainos
ver o mundo de xeito distinto. No Caribe non importan especialmente
as diferencias raciais".
"A
POESÍA ESTABA ANTES DA IMPRENTA, DA MÁQUINA DE ESCRIBIR,
DA RADIO, DA TELEVISIÓN E DE INTERNET"
Poesía
para unha minoría maior
Walcott
non cre que a poesía vaia ser lida nunca polas masas. As
limitadas edicións non achegan a grandes públicos
e "só dende hai pouco, con tanta profusión
de congresos, xornadas e recitais hai cada vez máis lecturas
públicas de poemas. Pero onde hai máis público
é nos feitos". E a el non lle preocupa especialmente.
Non cre que sexa unha arte dirixida a un público tan amplo.
Cre que a escritura
está por diante e por atrás dos cambios que faga o
ser humano nas súas tecnoloxías, nin cre que xéneros
como a poesía desaparezan coa chegada das novas tecnoloxías:
"a poesía estaba antes da imprenta, da máquina
de escribir, da radio, da televisión e Internet. Os homes
sempre buscan a expresión física na arte de escribir.
E iso vano facer independentemente da tecnoloxía que empreguen
para iso". Nin cre tampouco en que a poesía poida
provocar cambios sociais nin transformar o mundo: "moitas
veces pensamos que a poesía non fai que algo aconteza. Pero
si pode ser unha resposta ó que á xente espera que
aconteza".
"ERA
PARADÓXICO QUE UNHA CULTURA QUE NON PRESTA ATENCIÓN
Á HISTORIA PRESTARA ATENCIÓN Ó CAMBIO DE ERA"
Contra a
estupidez
Walcott
dubida á hora de pensar na súa visión do mundo,
e defíneo cun aforismo latino:
"o home é un lobo para o home" e protesta
contra a estupidez humana e tódolos aspectos. No cambio de
século, os homes estiveron e foron convencidos de que o mundo
se ía transformar a través do milenio: "era
paradóxico que unha cultura que non presta atención
á historia prestara atención ó cambio de era.
E o resultado de todo aquelo foi a desilusión de que nada
cambiou". E o exemplo maior da "estupidez humana"
é o continuum cultural europeo que podería resumir
coa palabra "distanciamento étnico". Walcott
remata cunha frase: "¿pensan que as loitas e as matanzas
das tribus africanas son moi diferentes das loitas entre tribos
europeas de hoxe en día?".
|