"CAMPO
DE ESTRELAS"
Dirección
e Producción: Manel Iglesias
Edición: Alicia González
Axudantes de Producción: Vanessa Iglesias / Emilio
Suárez
Axudante de Dirección:Marisa Gallero
Imaxen: Jesús Martínez
Axudante cámara: David Mayo
Música Orixinal: Oscar Maceda
Efectos virtuais: Raquel Avila
Unha producción de
CALIMERO S.L.
|
En
Santiago as estrelas non só están no ceo, hai que
buscalas tamén en terra. Nesta obra do realizador ourensán
Manel Iglesias, rodada íntegramente dende dentro da nouturnidade
compostelá, a cámara móvese pola cidade,
guiando e escurecendo, sempre na procura dunha simboloxía
das súas pedras ó abeiro da noite. Porque en Santiago
hai infinidade de estrelas nas súas pedras, gárgolas,
estatuas ou xeroglíficos, en lugares máxicos gravados
de noite. Desde a lonxanía as estrelas miran a cidade,
os seus calexóns, as suas xentes pasear cubertas polo manto
estelar. A música do compositor Oscar Maceda contribúe
a crear o ambiente necesario para achegarse á sensibilidade
da idea do realizador e deixarse agarimar polas estrelas que viven
sobre os teitos de Santiago.
O
realizador
Manel Iglesias naceu en Ourense en 1961. En 1983 comezou a
traballar para diversas productoras independentes, resultando
seleccionado para formar parte do equipo do "Arquivo da Imaxe
de Galicia" onde foi responsable do departamento de postproducción
ate 1985. Nese ano incorporouse á Televisión de
Galicia como realizador especializado en retransmisións
e gravou varios documentais en diferentes países.
En 1990 trasladouse a Madrid onde formou parte primeiro do equipo
de informativos de Telecinco e despois en programas de entretemento
e musicales. En 1992 comeza en Globomedia xunto con Emilio Aragón,
deseñando formatos para diferentes cadeas. Despois dunha
estadía en Lisboa como representante de Videomedia volta
a Madrid en 1996 para entrar como responsable das realizacións
de eventos en directo de CANAL+.
Entre as súas produccións máis destacadas
está a realización do concerto de "Los Tres
Tenores" en Barcelona, a gala de entrega dos premios Ondas
en 1977, os documentais feitos para Elías Querejeta, as
retransmisións das edicións do 96 ó 2000
da entrega dos Oscar para CANAL+. Conta entre os recoñecementos
que recibíu polos seus traballos con dous premios TP, un
premio Ondas, e dous premios Midia.
Seis olladas
Durante o ano 2000 a cidade de Santiago de Compostela tivo o título
de Capital Cultural de Europa. Esta celebración e a programación
constante de actividades que se deron na cidade influiron en moitas
das produccións artísticas e culturais do momento.
Entre algunhas da produccións audiovisuais que se realizaron
con motivo da capitalidade cultural están seis traballos
de videocreación impulsados por CANAL+. Baixo o
título xeral de "Seis olladas de Compostela"
outros tantos realizadores tentaron recrear a esencia da capital
compostelá. A estrea destes seis traballos fíxose
dentro dunha programación televisiva especial que CANAL+
emitiu para festexar a capitalidade cultural no día festivo
do 25 de xullo, baixo o título "Día de Santiago".
"Os Peregrinos", de Xavier Bermúdez, é
unha destas creacións. Outros realizadores como Isabel
Coixet, Antón Reixa, Manuel Iglesias,
Ricardo Boo e Manuel Palacios, asinan os demais
traballos. O escritor Manuel Rivas actúa como prologuista
do conxunto destas seis persoais visións sobre Santiago
de Compostela aportando tamén el, a través da palabra,
a súa propia visión sobre a cidade de pedra. Estas
realizacións soportan a súa estética de imaxen
sobre bandas sonoras asinadas por algúns dos mellores músicos
e compositores do panorama galego e español, do gaiteiro
Carlos Núñez ó compositor Manuel Rodeiro,
pasando por músicos e intérpretes como Mercedes
Peón, Leilía, Cristina Pato, BIOS, ou César
Casal (Chopsuei).