PORTADA>>>
   
   
 

6 OLLADAS:
A Pedra
Tes dúas posibilidades de descarga:
CONEXIÓN LENTA
CONEXIÓN RÁPIDA
Necesitas Real Player para ver o trailer.
Se non o tes descargao aquí...


Paisaxe, atmosfera e tempo están feitas en Santiago de pedra. Ameazadas pola choiva e o frío, habitadas por prantas, musgos e líquenes, fogar de aves e insectos. O video xira en torno a catro partes: os CANTEIROS que traballan a pedra, as LUCES E FORMAS coas que sombras e luz modelan as fachadas, as columnas ou as paredes, o GRANITO VIVO habitado por seres e prantas que alteran o seu aspecto, e a NOITE DE PEDRA, un percorrido nouturno polas rúas, a Quintana, e a Praza do Obradoiro.

"A PEDRA" 4' 55"
Dirección e guión: Ricardo Boo Valiño
Producción: Emilio González
Axudante de producción: Arturo Pato Maldonado
Scretaria: Susana Gato
Edición e Postproducción: Santiago Torrado
Sonorización: José María Rosillo
Cámara: Fran Piñeiro
Axudante de cámara: Xosé Ramiro Axeitos
Técnico de grabación: José Prata
Música orixinal: Manuel Rodeiro
Intérprete: Miguel Bernat

Nesta realización a presencia pétrea en santiago adquire unha relevancia fora do común, achegada ó máxico. Hasta os homes, co seu costume de darlle unha cabezada ó "Santo dos Croques" cren nos poderes que atesouran as pedras, sen dúbida un dos elementos singulares de Santiago, onde a pedra é vida. Ricardo Bóo, xoven realizador nado en Compostela percorre a cidade facendo que pareza vivir un soño de pedra.
Un dos aspectos máis destacados desta realización é a música, espresamente creada para para a mesma polo compositor, divulgador e experto en música contemporánea Manuel Rodeiro. Esta creación orixinal é intrepretada por Miguel Bernat, un dos mellores percusionistas europeos, quen suxiríu a posibilidade de construir un novo instrumento baseado en pedras resoantes para interpretar a obra.

O realizador
Ricardo Bóo naceu en Santiago en 1963. Comezou a súa carreira profesional como fotógrafo independente e colaborador habitual dos xornais "El Correo gallego" e "El Faro de Vigo".

Entre 1986 e 1990 realizou a postproducción de numerosos spots publicitarios (ONCE, RENFE, Cepsa, BBV...), cabeceiras de programas de televisión (Metrópolis, Tendido Cero, Rocko Pop) e moitos videoclips, así como retransmisións deportivas de TVE, introducindo sistemas de efectos dixitais en tempo real nas unidades móbiles de realización. Durante este periodo realizou o grafismo e a postproducción do programa concurso "Pasacalles" e levou adiante o deseño e a realización da imaxe de canle das televisións ETB1, ETB2 e Canal 9, asi como a imaxe gráfica e continuidade de Eurosport, RTL, e Antena 3.
En 1990 incorporouse a CANAL+ como editor e realizador dos programas "Lo + Plus" e "Mucho +" e en 1993 entrou como realizador no departamento de autopromoción da cadena de pago.
En 1997 comezou a traballar en Canal Satélite Digital como xefe de realización e codirector do departamento de autopromoción e en 1998 entrou a formar parte da plantilla da Compañía Independente de Televisión (CITSL), factoría das canles temáticas de Sogecable, one na actualidade é co-director do departamento de Autopromoción.


Seis olladas

Durante o ano 2000 a cidade de Santiago de Compostela tivo o título de Capital Cultural de Europa. Esta celebración e a programación constante de actividades que se deron na cidade influiron en moitas das produccións artísticas e culturais do momento. Entre algunhas da produccións audiovisuais que se realizaron con motivo da capitalidade cultural están seis traballos de videocreación impulsados por CANAL+. Baixo o título xeral de "Seis olladas de Compostela" outros tantos realizadores tentaron recrear a esencia da capital compostelá. A estrea destes seis traballos fíxose dentro dunha programación televisiva especial que CANAL+ emitiu para festexar a capitalidade cultural no día festivo do 25 de xullo, baixo o título "Día de Santiago". "Os Peregrinos", de Xavier Bermúdez, é unha destas creacións. Outros realizadores como Isabel Coixet, Antón Reixa, Manuel Iglesias, Ricardo Boo e Manuel Palacios, asinan os demais traballos. O escritor Manuel Rivas actúa como prologuista do conxunto destas seis persoais visións sobre Santiago de Compostela aportando tamén el, a través da palabra, a súa propia visión sobre a cidade de pedra.

Agradecementos:
A presentación destas realizacións é posible gracias a INCOLSA e
O noso agradecemento especial ó compositor Manuel Rodeiro.

 

 

Cultura Galega.org
Inicio /Especiais / Arte / Comunicación / Música / Espectáculos / Historia / Lingua e Literatura / Sociedade /
Certames / Arquivos / Participa / Xénese / Alén da Terra / Zona Cultura / Colaboracións
Correo / Acerca de Cultura Galega.org


Cultura Galega.org é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega
©Consello da Cultura Galega, 2000